Neste momento estás a ver Os procuradores logran o seu récord en resolucións con 2.680 casos ao día
VIGO, 140618. COLEGIO PROCURADORES DE VIGO.

Os procuradores logran o seu récord en resolucións con 2.680 casos ao día

  • Categoría da entrada:Novas

01/04/2022. Os 147 procuradores do partido xudicial de Vigo resolveron no último ano un total de 667.492 escritos e notificacións, unha media de 2.680 diarios, a cifra máis alta desde que o Colexio de Procuradores elabora estatísticas sobre o seu traballo. O número de notificacións realizadas aos seus clientes alcanzou a cifra de 557.764 en 2021, un 17% por encima do ano anterior á pandemia (2019). O número de escritos elaborados polos procuradores vigueses para os seus clientes tamén foi o máis alto da historia, con 109.728 escritos xestionados polos xulgados, un 22% máis que en 2019 e un 27% por encima de 2020.

“Os procuradores vigueses atópanse entre os máis activos de España, cunha media de 4.540 escritos e notificacións por despacho profesional en 2021, un ano no que tivemos que redobrar esforzos para axilizar expedientes aprazados, principalmente durante 2020 debido á pandemia”, explicou onte José Antonio Fandiño ante a súa nova xunta directiva, na toma de posesión tras ser reelixido para un segundo mandato.

O decano de Vigo destacou a importancia de acelerar os traballos ante as autoridades para conseguir máis poderes para os procuradores e aprobar a creación da figura do procurador executivo, que permita resolver boa parte do atasco e dos atrasos xudiciais.

A recuperación da actividade xudicial en 2021 xerou tamén un incremento do 27% nas quendas de oficio dos procuradores (4.860 quendas de oficio en 2021), aínda que neste caso, aínda por debaixo dos datos previos ao covid.