Neste momento estás a ver Os solicitadores portugueses apoyan la creación del procurador ejecutivo

Os solicitadores portugueses apoyan la creación del procurador ejecutivo

  • Categoría da entrada:Novas

03.10.2019. O Colexio de Procuradores de Vigo acolleu hoxe o cumio organizado polo Consello Galego de Procuradores coa Orde de Solicitadores e Axentes de Execución de Portugal, na que os profesionais portugueses mostraron o seu apoio aos procuradores para impulsar a creación da figura do procurador executivo, que aumente as competencias dos procuradores na administración de Xusticia.

No encontro analizouse o modelo luso implantado en 2003 e que logrou reducir nun 50% os tempos da xustiza portuguesa. As entidades contarán cunha mesa de traballo para coñecer en profundidade as características técnicas do traballo dos solicitadores e analizar a súa viabilidade de integración no modelo español de administración de Xustiza.

A figura do procurador executivo nace da proposta do Consello Xeral de Procuradores de España para dotar aos procuradores de novas funcións que que lles permitan participar na execución das sentenzas e axilizar así o funcionamento dos xulgados, sen costes para a Administración de Xustiza.

No encontro participaron o vicepresidente da Orde de Solicitadores e Axentes de Execución, Paulo Teixeira; o presidente do Consello Galego de Procuradores, Fernando Gonzalez-Concheiro Álvarez; o vicepresidente do Consello Xeral dos Procuradores de España, Javier Sánchez García e o decano do Colexio de Procuradores de Vigo, José Antonio Fandiño, entre otros profesionais galegos e portugueses.