Neste momento estás a ver Primer ano de vida do colexio virtual: 9.525 visitas

Primer ano de vida do colexio virtual: 9.525 visitas

  • Categoría da entrada:Novas

15.11.2019. A nova presencia online do Colexio de Procuradores de Vigo (www.colegioprocuradoresvigo.es) recibiu nos primeiros 10 meses de 2019, 9.525 visitas. O espazo informativo é concebido polo colectivo como un lugar para acercar a profesión da procura á sociedade e informar aos profesionais das últimas novidades no funcionamiento dos xulgados. “Contar cunha nova web nos permitiunos aumentar a visibilidade da procura a nivel dixital, pero tamén nos medios de comunicación”, explicou José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores durante a Xunta Xeral Ordinaria de Procuradores celebrada hoxe en Vigo.

No seu  informe sobre a actividade do colexio profesional ao  longo do 2019, o decano destacou o plan posto en marcha para impulsar a iniciativa do Consello Xeral de Procuradores de España para dotar aos procuradores de novas funcións executivas. Durante o encontro, os procuradores asistentes aprobaron por unanimidade os presupostos da entidade para 2020.