Que é un procurador?

Cando un cidadán emprende calquera tipo de acción xudicial, o procurador é o profesional xurídico que:

  • Representa e acompaña o cidadán. Que facemos? Estamos pendentes de todos os pasos do proceso e trámites do día a día: recibir e asinar os emprazamentos, citacións, notificacións, comparecer no seu nome en xuízos e ter informados a clientes e avogados.
  • Axiliza o proceso de xustiza, asegurando que os prazos se cumpran.
  • Colabora coa administración e o persoal xurídico e axuda na tramitación dos procesos defendendo os intereses do cidadán.
  • Paga os gastos que xeren a instancia do cliente e dá conta documentada dos mesmos como as taxas e depósitos dos recursos.

Cando o necesito?

Para a realización de calquera proceso xudicial. No caso de solicitar un avogado de oficio, este virá acompañado dun procurador de oficio.

Que facemos como colexio?

Como Colexio de Procuradores velamos polo bo facer dos profesionais da procura e acompañámolos no seu día a día. 

Centralizamos a xestión das notificacións entre os xulgados e os procuradores e procuradoras. 

Ofrecemos aos nosos colexios servizos de apoio, formación e de valixa interna, entre outros.