Neste momento estás a ver Acordo con Abanca para financiar aos procuradores e aos seus clientes
VIGO, 311018. EDIFICIOS JUZGADOS VIGO

Acordo con Abanca para financiar aos procuradores e aos seus clientes

  • Categoría da entrada:Novas

05.06.2019. O Colexio de Procuradores de Vigo renova o seu convenio de colaboración coa entidade financeira Abanca para mellorar o acceso á financiación dos profesionais colexiados e os seus familiares.

A iniciativa enmárcase no esforzo do colectivo por acompañar aos profesionais no seu día a día. O acordo inclúe a posibilidade de que os procuradores e procuradoras de Vigo ofrezan aos seus clientes a financiación dos seus pagos e a utilización de TPVs nos seus despachos para o pago con tarxeta por un fee mensual.

O convenio ofrece aos colexiados facilidades tamén en pólizas de crédito, préstamos persoais, hipotecarios ou destinados a programas de formación; tarifa plana de seguros, leasing mobiliario, avales e liñas de desconto, así como o acceso ás vantaxes do Plan Activamos, que permite financiar a creación de novos negocios, modernizar unha empresa ou ampliar a plantilla, e fórmulas de financiación oficiais, entre outros.

Clica aquí para consultar o convenio na área privada