19.07.2019. Os ex decanos do Colexio de Procuradores de Vigo, Manuel Castells e Jesús González-Puelles, non descartan que a Administración da Xustiza volva a recuperar a territorialidade na asignación de casos. “Está claro que un procurador de Cádiz non vai vir a executar unha sentenza a Vigo. Non é raro pensar en volver á territorialidade na profesión”, sinalan ambos procuradores.
Castells e Puelles chegaron á procura fai 36 anos por camiños moi diferentes. O primeiro viu en Vigo unha oportunidade e, a través duns contactos, viaxou dende Alicante para quedar. O segundo, xa coa carreira de avogacía rematada, tivo que facerse cargo do bufete do pai. Hoxe, ambos convertidos xa en ex decanos do Colexio de Procuradores de Vigo, ven a profesión dun xeito moi diferente a como o facían ao principio e, na figura do procurador, unha ferramenta irremplazable para o bo funcionamento da Xustiza.
“O xeito de traballar en cada xulgado é completamente distinto. Hai peculiaridades que o procurador ten que comunicar”, sinala Castells. “O Dereito interprétase e esa cercanía, coñecer como funciona, fai que axilices o proceso ou que evites perder oportunidades procesais. É unha función moi importante”, engade González-Puelles.
Ambos coinciden na necesidade de que o procurador asuma a función de execución. “A xustiza remata na sentencia, pero a fase na que se leva a cabo é máis complicada. Eu estoy rematando un pleito do ano 1984. E esta é unha fase que ao xulgado se lle escapa, por ser máis pedestre”, asegura González-Puelles. “A execución xa non é saír á rúa, salvo en determinados procedementos, senon que é máis ben burocrática. Agora a nosa función é dar cada dous ou tres meses información patrimonial e, en canto a temas civiles, estamos reclamando a posibilidade de facelo nós”, explica Castells facendo referencia á figura do procurador executivo.
Para eles, o grande problema da profesión é a falta dunha norma de territorialidade. “Desnaturalizamos totalmente a profesión. A procura sempre estivo vencellada, e debe estalo, ao tribunal. Traballar dende fora non asegura que o escrito que envíes grazas á telemática esté correcto. Se non sabes como funciona o tribunal, é un perigo importante”, conta González-Puelles. Para Castells “é un problema moi grave non cobrar moito e traballar en todas partes. Estase xerando unha absoluta desconfianza fronte aos profesionais e fronte á estructura da Administración da Xustiza. Non é raro, se se conseguiran esas execucións, pensar en volver á territorialidade. Un profesional de Cádiz non vai vir executar unha sentenza a Vigo”.
Aos futuros procuradores pídenlles que “sexan profesionais”. González-Puelles explica que “iso significa que nesta profesión hai que actuar moi por riba de motivacións económicas e iso non pode interferir nunca ainda que, evidentemente, vivimos disto. Nos últimos tempos, está pasando que a procura converteuse nun tema de pura economía”. Castells precisa que “a procura é unha carreira de fondo. Todo o mundo ten que atopar o seu propósito, que non é cobrar moito, senon ter unha motivación para vivir e traballar. Se atopas satisfación no que fas, iso vaiche compensar moitísimos sinsabores”.