30.07.19. Os representantes do Colexio de Procuradores de Vigo, José Antonio Fandiño e Jesús González-Puelles reuníronse esta mañana co vicepresidente da Xunta e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas eXustiza, Alfonso Rueda, para presentarlle a súa proposta para a creación da figura do procurador executivo. Ao encontro asistiron tamén o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez e a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro.
Os procuradores propoñen crear a figura do procurador executivo a través dunha modificación lexislativa que atribua novas funcións ao seu colectivo para intervir en comunicacións xudiciais e na execución de resolucións e axilizar así o funcionamiento dos xulgados.
Durante o encontro, os procuradores presentaron tamén aos máximos representantes do executivo galego en materia de Xustiza os resultados do informe La Justicia en Vigo, que sitúa a Vigo como a cidade máis litigante entre as do seu tamaño con 143 asuntos ingresados por habitante durante o primeiro trimestre de 2019.