O Colexio de Procuradores de Vigo pon hoxe en marcha o novo Servizo Colexial de Apoderamentos Apud Acta Electrónicos, unha ferramenta de carácter voluntario para todos os procuradores de Vigo, Ponteareas, O Porriño, Redondela e Tui que expide, de forma electrónica e en menor tempo, o mesmo apoderamento que o que ata agora se podía obter unicamente en sede xudicial.
O novo servizo é posible grazas ao recoñecemento do Colexio de Procuradores de Vigo como oficina pública de prestadores do servizo de firma electrónica da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre.
Os procuradores que o desexen poden consultar o procedemento para facer uso do servizo neste enlace.