30.04.2024. As procuradoras e procuradores de Vigo, que operan nas sedes xudiciais do Porriño, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo, xestionaron un total de 28.619 escritos no primero trimestre do ano, un 18% máis que nos meses de xaneiro a marzo de 2023.
O dato constata un notable incremento da actividade xudicial, cunha media de 462 escritos diarios, un aumento de 3 ao día por procurador. Os datos do Colexio de Procuradores de Vigo constatan a recuperación da actividade xudicial en 2024, fronte á forte caída rexistrada no primeiro trimestre de 2023 debido ás folgas judiciais.
As notificacións realizadas polos procuradores vigueses tamén se incrementaron de maneira notable no primeiro trimestre de 2024, con 148.693 notificacións xudiciais, un 31% de crecemento respecto ao mesmo período do ano anterior.
2024 presenta o primeiro trimestre cunha cifra de notificación na liña de 2021 e 2022, fronte á forte caída experimentada no mesmo período de 2023, ano marcado por folgas xudiciais.
A actividade do primeiro trimestre do exercicio 2023 estivo moi marcada pola folga de Letrados de Administración de Xustiza (LAJ), que se iniciou o 24 de xaneiro e prolongouse ata o 28 de marzo. Os profesionais da procura da área xudicial de Vigo xestionaron nestes tres meses un volume de 24.358 escritos, a cifra de actividade máis baixa nun primeiro trimestre nos últimos catro anos.
Fotografía: Punto GA – M. Riopa.