24.09.2019. Francisco de Bethencourt (presidente) e José Manuel Romar (director xeral) lideran dende hai case unha década a Mutualidade dos Procuradores dos Tribunais de España. Ambos directivos estiveron en Vigo esta semana, por iniciativa do Colexio de Procuradores de Vigo. “Somos tan rentables porque o noso custe de estrutura é preto a cero e reinvertimos todo o noso beneficio no peto dos mutualistas” suliña o director xeral, José Manuel Romar.
Pregunta. Por que é mellor para un procurador estar na Mutua?
Romar: Para estar protexido. Dende 2012, as mutualidades baseamonos na capitalización individual, en que cada un teña o seu peto, pero coas prestacións medico-sanitarias da Seguridade Social ao garantizarse que todos os profesionais liberais teñan tamén a tarxeta sanitaria. Na Mutualidade dos procuradores, cada un ten o seu peto como alternativa á Seguridade Social e dun xeito solvente. No test de estrés que se fai a entidades como a nosa, a Mutualidade obtivo un 275 de nivel de solvencia. Por encima de 100, quere dicir que o mutualista está protexido, pase o que pase.
P: Que ofrece a Mutua aos profesionais?
Romar: As mesmas prestacións que a Seguridade Social: xubilación, viudedade, invalidez, nupcialidade, natalidade….
Bethencourt: E tamén prestacións adicionais, como o falecemento. No caso de morte, por exemplo, contamos cun fixo de 100.000 euros ademais da devolución do capital acumulado polo mutualista.
P: Nos últimos cuatro anos, a rendabilidade dos seus plans de previsión mellorou un 16%; como é posible?
Romar: A rendabilidade dos plans de pensións sociais do último ano foi de case un 5%. No mercado, ninguén ten esa rendabilidade. Logramos unha rendabilidade tan elevada pola nosa estrutura como mutualidade, cun coste de xestión preto a cero e cun consello de administración que non cobra. E pola calidade e a prudencia das nosas inversións, que nun 90% son a renda fixa a medio e longo prazo. Ademais, reinvertimos todos os beneficios da Mutualidade ao peto de cada un dos mutualistas.
P: Moitos profesionais afirman que “a mutualidade cambiou” na última década, cales foron as claves desa transformación?
Bethencourt: Modernización e transparencia. Nos últimos cinco anos creáronse dúas novas entidades relacionadas coa Mutualidade: a correduría de seguros, que nos permite ofrecer os nosos servizos a profesionais fora do ámbito da procura, e unha fundación para atender aos profesionais da procura que o precisen. E todo de xeito que os mutualistas poidan acceder á nosa sede central para consultar toda a documentación que queiran, con transparencia.