13.10.2020. O decano do Colexio de Procuradores de Vigo, José Antonio Fandiño, denuncia a inconstitucionalidade das eleccións ao Consello Xeral de Procuradores (CGPE), organización que reúne aos 67 colexios e 9.983 procuradores do estado, e solicita a súa suspensión cautelar. A xunta xeral das eleccións ao CGPE bloqueou e rexeitou a presentación de profesionais de Vigo e Valencia aos postos de tesoreiro e secretaria alegando a súa incapacidade de realizar as súas funcións por non residir na capital de España, condición que establece o actual reglamento y que afecta a 1 de cada 3 cargos da directiva, entre eles os de tesoreiro e secretaria.
O decano de Vigo xa denunciou formalmente fronte ao CGPE a inconstitucionalidade do seu reglamento e solicitou a aceptación das candidaturas, pero a institución desestimou a súa alegación. O representante dos procuradores vigueses destaca a falta de transparencia nas contas do CGPE e a perennidade dalgúns directivos, como o actual presidente, que cumple 34 anos a fronte do Consello Nacional de Procuradores (17 deles coma presidente) e afronta como candidato único un novo mandato.
José Antonio Fandiño tamén presentou unha impugnación ás contas aprobadas en xullo polo CGPE, por falta de transparencia, auditoría e reglamentación adecuada para a súa fiscalización. A actual presidencia do CGPE e a súa directiva levan 8 anos presentando contas en perdas, cunha ratio de garantía que achega á insolvencia e unha redución do patrimonio neto da institución de todos os procuradores nun 90%. Os propios informes financeiros do Consello de Procuradores indica que, coa actual xestión é indicativa de “incertidume sobre a capacidade do CGPE para continuar a súa actividade”.
O decano de Vigo informa de que para o pleno de aprobación de contas e presuposto non se habilitou a posibilidade de asistencia virtual, o que provocou a ausencia do 50% dos representantes e non se remitiu previamente a información contable para o seu examen, nin se facilitou un informe de auditoría coas mesmas. De feito, as contas de 2019 foron aprobadas polo 20% dos decanos de procuradores co dereito de asistir ao pleno.
O representante do Colexio de Procuradores de Vigo forma parte do movemento a favor da renovación da procura, impulsado polos decanos de colexios de toda España e que buscan modernizar a profesión de procurador, revitalizar e descentralizar o Consello Xeral de Procuradores de España e traballar pola axilidade da Justicia. “É momento de romper co centralismo e inmovilismo da institución. Levamos 17 anos parados. Debemos renovarnos para evitar que se extinga a nosa profesión e traballar para impulsar unha Xustiza máis rápida e eficiente para todos” explica José Antonio Fandiño.