17.06.2019.Vigo triplica a media española en incremento de asuntos sen resolver nos seus xulgados, cun aumento do 31% en 2018, frente ao crecemento medio do 9,7% no resto dos xulgados españois. Según os datos do Consello Xeral do Poder Judicial (CGPJ), ao peche de 2018 os xulgados vigueses acumulaban 20.063 asuntos sen resolver, a cifra máis elevada da década. O atasco incrementouse en Vigo nun 66% nos últimos catro anos, mentres que en España o aumento de asuntos sen resolver foi do 7,2% entre 2015-18. O número de asuntos sen resolver (asuntos en trámite, na definición do CGPJ) en todos os xulgados espñaois sitúase en 2.611.468 asuntos sen resolver a fin de 2018.
O Colexio de Procuradores de Vigo incia hoxe un plan de encontros cos representantes de todos os partidos políticos no Congreso dos Diputados, co obxectivo de elevar unha reforma lexislativa que permita axilizar a Xustiza, especialmente no caso de Vigo. A propuesta dos procuradores de Vigo segue a estela da iniciada polo Consello Xeral de Procuradores de España para aumentar as competencias destes profesionais para que poidan actuar como procuradores executores: intervir directamente e axilizar as execucións de sentenzas. Trátase dun modelo moi semellante ao establecido en Portugal, onde se reduciron notablemente os retrasos judiciales.
A primeira reunión desenvólvese esta tarde no Colexio de Procuradores de Vigo coa deputada Yolanda Díaz (Unidas Podemos). Esta mesma semana (21 de xuño), a directiva dos procuradores de Vigo reunirase co alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), Abel Caballero. Nas próximas semanas están concertadas reunións coas deputadas do PP, Ana Pastor; do PSOE, Olga Alonso, Ángeles Marra e Gustavo Meijón; e de Ciudadanos, Beatriz Pino.