Neste momento estás a ver Procuradores de Vigo inician setembro con récord de escritos

Procuradores de Vigo inician setembro con récord de escritos

  • Categoría da entrada:Novas

06.09.2024. Os profesionais da procura en Vigo iniciaron o primeiro día laborable de setembro cun total de 879 escritos elaborados, o volume máis alto do último lustro e un 34,8% máis que na mesma data do ano pasado.

En comparación con hai 5 anos, cando as procuradoras e procuradores redactaron 423 escritos na xornada de volta aos xulgados tras o mes de agosto, o incremento é de máis do dobre: un 107,8% máis que o 2 de setembro de 2019.

A actividade tamén foi notable, aínda que dentro das cifras habituais, con respecto ás notificacións xudiciais. Os xulgados de Vigo rexistraron 3.586 notificacións, un 10,2% máis que o 1 de setembro do ano pasado e un 6,5% menos que no primeiro laborable de setembro de 2019.

O Colexio de Procuradores de Vigo conta con 137 profesionais colexiados, que desenvolven a súa actividade no Porriño, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo.