22.11.2019. 50 procuradoras e procuradores de Vigo atópanse entre os primeros operadores xurídicos en especializarse en asuntos sobre violencia de xénero, a partirse dun grado de formación iniciado onte en Vigo y q que finaliza o 28 de novembro. En Vigo, dende outubro de 2018, as vítimas de violencia de xénero contar cos servicios dos procuradores dende o primeiro momento como parte do protocolo de atención ás vítimas de violencia de xénero dos tribunais da cidade.
O curso de especialización conta co apoio da Xunta de Galicia, que adica 80.000 euros á sensibilización e formación dos trabajadores de Xustiza contra a violencia machista.
As xornadas formativas están organizadas polo Colexio de Procuradores de Vigo e o Consello Galego de Procuradores en colaboración coa Xunta de Galicia. Nas sesións participan a maxistrada do xulgado nº 4 de Pontevedra (especializado en violencia de xénero), Belén Rubido; a subdirectora xeral da Xunta para o Tratamento da Violencia de Xénero, Belén Liste Lazara; o ex inspector xefe da UFAM, José Manuel A. Regueiro e a avogada Mª Asunción Álvarez Lois, entre outros.
A capacitación en materia de xénero será obrigatoria para que os procuradores accedan aos turnos especiais de violencia de xénero establecidos pola Consellería de Xustiza da Xunta e permitirá axilizar e dar unha atención máis adecuada ás mulleres vítimas.
No segundo trimestre de 2019 presentáronse 1.607 denuncias por violencia de xénero en Galicia, das 40.495 presentadas en toda España, segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial. A pesares de que as denuncias recibidas en Galicia descenderon un 6,9%, adoptáronse 303 órdenes de protección e as medidas de protección e seguridade ás vítimas foi un 7,3% que no primeiro semestre de 2018.
“O aumento histórico das cifras de denuncias non significa un aumento da violencia, senón que as campañas de formación e sensibilización ciegan ás mulleres que deciden iniciar un proceso xudicial”, explica Belén Rubido, Maxistrada do xulgado do penal número 4 de Pontevedra, especializado en violencia sobre a muller, violencia doméstica, quebrantamentos de medidas e penas de violencia sobre a muller, durante a sea participación no primeiro día das xornadas celebradas en Vigo.
“Estabamos moi acostumados nos xulgados a recibir ao avogado inmediatamente no turno de oficio, pero faltábanos o procurador, fundamental para facer notificacións e ter localizada á vítima”, indica Rubido.
Plan para axilizar a xustiza
Os procuradores vigueses desenvolven dende hai un ano un plan para mellorar e axilizar o funcionamiento dos xulgados en Vigo. Nos últimos meses, os profesionais trasladaron a propuesta para a creación do procurador executivo a tódolos representantes da provincia de Pontevedra no Congreso dos Diputados e ao Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda.
O Colexio de Procuradores de Vigo integra a 155 profesionais (un 70% mulleres) con presenza nos partidos xudiciais de O Porriño, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo.