Neste momento estás a ver 50 procuradores finalizan a súa formación en violencia de xénero

50 procuradores finalizan a súa formación en violencia de xénero

  • Categoría da entrada:Novas

3.12.2019. 50 procuradoras e procuradores atópanse entre os primeiros operadores xurídicos en especializarse en asuntos sobre violencia de xénero. Tras dúas intensas xornadas de formación, os profesionais finalizaron a súa especialización tras a segunda xornada de poñencias nas que participaron Belén Liste Lazara, subdirectora Xeral para o tratamento da Violencia de Xénero; Ana Riera Táboas, médico forense; Maite Fidalgo de Cantalapiedra, psicóloga forense e Silvia Pérez Freire, doutora Socióloga (podes consultar a súa presentación  nesta ligazón).

O curso de especialización está organizado en colaboración co Consello Galego de Procuradores e apoiado pola Xunta de Galicia, que adica 80.000 euros á sensibilización e formación dos traballadores de Xustiza contra a violencia machista. A capacitación en materia de xénero será obrigatoria para que os procuradores acedan aos turnos especiais de violencia de xénero establecidos pola Consellería de Xustiza da Xunta e permitirá axilizar e dar unha atención máis adecuada ás mulleres vítimas.

No segundo trimestre de 2019 presentáronse 1.607 denuncias por violencia de xénero en Galicia, das 40.495 presentadas en toda España, segundo datos del Consello Xeral do Poder Xudicial.