22 de abril 2020. Os xulgados de Vigo ingresaron 480 notificacións e 63 escritos, ata as 15:00 horas, no primeiro día asignado para a tramitación de novos casos segundo o acordo acadado polos procuradores e avogados vigueses. A xestión de escritos non urxentes reactivouse o pasado 15 de abril e dende entón os procuradores e avogados vigueses tramitaron 2.005 notificaciones y 1.003 escritos de casos sen resolver como parte da súa iniciativa para colaborar coa axilidade da administración de Xustiza na volta á actividade. A actividade dos xulgados aumenta hoxe un 44% respecto á media diaria dende que se permite a xestión de casos e sextuplica nun só día o número de notificacións xestionadas durante o mes de confinamento e limitación da vida xudicial a casos inaprazables.
Vigo, con 54.761 asuntos ingresados é a cidade que máis casos novos recibe de entre as 10 cidades españolas do seu tamaño en 2019. Os asuntos sen resolver na cidade olívica, que acadaban os 20.083 a finais de 2019, medran un 61% nos últimos catro anos segundo cifras do informe La justicia en Vigo elaborado polo Colexio de Procuradores de Vigo.
A alianza formada por procuradores e avogados busca facilitar a reactivación dos servizos da administración de Xustiza e evitar o seu colapso cando se retome o pleno da actividade xudicial. Neste sentido, o Consello Xeral do Poder Xudicial anunciou que permitirá aos órganos xudiciais notificarde forma telemática as resolucións que dicten nos procesos en curso. Os procedementos non considerados coma urxentes ou esenciais seguirán cos prazos suspendidos.
“A reactivación de notificacións e a xestión paulatina dos escritos permítenos retomar a nosa actividade pouco a pouco, á vez que axudamos a axilizar a administración de Xustiza e evitamos que o atasco dos asuntos medre todavía máis”, explica José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.
Manifesto pola axilidade da Xustiza
O Colexio de Procuradores de Vigo lanzou o Manifiesto por la agilidad de la Justicia, un panel de propostas de cambio para aumentar a eficiencia na xestión de asuntos ante o colapso estructural que sofren os xulgados e que se acrecentará trala limitación do seu funcionamento durante o confinamiento xerado pola crise do coronavirus.
Entre las propuestas, inclúese a creación da figura do procurador executivo, un novo operador xurídico que incorporaría ás actuais funcións dos profesionais da procura, a execución de embargos e dilixencias, así coma a averiguación de bens ou entrega de notificacións baixo control xudicial. A medida aportaría, sen costes públicos adicionais, ás tramitaciones xudiciais a un total de 10.148 profesionais da procura en España, dos que 739 están colexiados en Galicia. O manifesto pode consultarse e firmarse aquí.