05.07.2024. Os profesionais da procura de Vigo elaboraron un total de 62.781 escritos no primeiro semestre do ano, un 16,9% máis que nos meses de xaneiro a xuño do ano pasado, marcado polas folgas na Xustiza. Isto supón unha media de 10.500 escritos ao mes, 76 por procurador.
Abril foi o mes de máis actividade para as procuradoras e procuradores que desenvolven o seu labor no Porriño, Redondela, Ponteareas, Tui e Vigo, cun total de 12.114 escritos realizados, case o dobre dos emitidos no mesmo mes do ano pasado (7.629).
As notificacións tamén se incrementaron en comparación co primeiro semestre do ano pasado: 324.220 en total, un 20,2% máis que o ano pasado, cunha media de 54.000 ao mes (45.000 entre xaneiro e xuño do ano pasado).
FOTO: Punto GA / M. Riopa.