16.04.2021. Pouco despois da súa incorporación ao Colexio de Procuradores de Vigo, Celso Emilio Ferreiro intensifica as súas colaboracións con diversas revistas de ámbito estatal. Entre elas, Papeles de Son Armadans, fundada e dirixida por Camilo José Cela en 1956. A relación co premio Nóbel galego permitiulle ao autor de O soño sulagado adentrarse no mundo da arte contemporánea e coñecer nas súas viaxes a Mallorca, onde participa nas Conversacións de Formentor, a varios pintores como Joan Miró, Pablo Picasso ou Antoni Tàpies.

En decembro de 1957, a revista mallorquina adica un monográfico a Miró, no que se inclúen textos de Vicente Aleixandre, Juan Eduardo Cirlot, Angel Crespo, José Manuel Caballero Bonald, Guillermo de Torre, Ricardo Gullón, Rafael Santos Torroella ou Eduardo Westerdahl. Neste número aparece por vez primeira “Cantiga de amigo para Xoán Miró”, que despois formaría parte do seu poemario referencial de Ferreiro, Longa noite de pedra. En decembro de 1960, editan un número especial sobre Antoni Tàpies, no que tamén participa Celso Emilio Ferreiro co poema “Tàpies, pintor de hoxe”.

O poeta galego, na súa cantiga a Miró, loa a obra do pintor catalán porque lle fai visible a trascendencia daquilo que temos diante e ignoramos. Celso Emilio concibe as pinturas de Miró como o resultado tamén dunha tristura eterna que se transforma en forza e levao a crear grandes obras. Ambos artistas coinciden na manifestación dunha certa nostalxia por unha infancia feliz, que o pintor soubo prolongar aos ollos do poeta. O poema remata, como nas cantigas de amigo, deixando que a paisaxe sexa unha personaxe máis que describe o estado anímico do poeta e do pintor. A obra de ambos comparte a súa profunda relación simbólica coa memoria e a procura do esencial, coas tradicións e o culto á vida.

A pesar da intensa participación no mundo cultural da súa época, Celso Emilio Ferreiro  mantiña unha vida moi humilde no eido económico. De feito, o arquivo Celso Emilio Ferreiro do Colexio de Procuradores de Vigo conserva varios documentos datados en 1957 que amosan as dificultades económicas polas que atravesa o autor de Longa noite de pedra.

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2021 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?