Neste momento estás a ver Compensa o parón de agosto?

Compensa o parón de agosto?

  • Categoría da entrada:Novas

06.09.2019. O 2 de setembro entre os procuradores e procuradoras da área de Vigo xestionamos 3.835 notificacións. Un número elevado de asuntos, pero que queda lonxe de algunhas xornadas de fai unha década nas que os profesionais estabamos enganchados ao ordenador ata ben entrada a madrugada. A planificación do envío de notificacións e o reparto da carga de traballo durante os primeiros días de setembro está entre as mellores novas que os profesionais da procura recibimos nos últimos tempos. E  é que aínda que os procuradores demandamos novas funcións, coma as da execución de embargos e dilixencias, non está aínda entre as que temos actualmente desdobrarnos para xestionar todas as notificacións pendentes nunha soa xornada.

 

O reinicio da actividade xudicial adoita espertar reflexións sobre a utilidade do prón do mes de agosto e a posible posta en marcha de mecanismos para manter o funcionamentos habitual da administración de xustiza.

 

A inhabilidade do mes de agosto supón para todos os operadores xurídicos un descanso da incesante actividade dos xulgados. ¿É posible non parar en agosto? Quizáis si, pero iso esixiría un importante de planificación por parte da administración de xustiza dos seus recursos humanos. E tamén dos procuradores, peza clave de comunicación entre administración, avogados e o cliente. No caso do noso colexio, o 100% dos profesionais somos traballadores por conta propia, quen nos sustituiría entón?

 

Depende o problema endémico de atasco e lentitude da administración de xustiza da inhabilidade do mes de agosto? Estou convencido de que non. É precisa unha rexeneración profunda da propia administración de xustiza. Non se trata só da creación de novos xulgados ou de manter a actividade do mes de agosto, é preciso dotar aos servizos do persoal preciso e introducir mediante unha profunda modificación lexislativa, novas figuras coma a do procurador executivo que desconxestionen a administración de xustiza.

 

As novas funcións que se nos outorgarían aos procuradores permitirían aos profesionais executar embargos e dilixencias, así como descubrir bens ou entregar notificacións baixa control xudicial. Con esta nova fórmula, os preto de 10.000 procuradores que exercemos en España estariamos á disposición da administración de Xustiza para acelerar o seu funcionamento. E quizáis así xa a ninguén lle importe se paramos ou non en agosto.

 

José Antonio Fandiño, decano