Neste momento estás a ver Vigo suma seis meses como a cidade española con máis pleitos novos

Vigo suma seis meses como a cidade española con máis pleitos novos

  • Categoría da entrada:Novas

30.10.2019. Con 14.024 asuntos ingresados entre marzo e maio de 2019, Vigo continúa por segundo trimestre consecutivo como a cidade española con máis pleitos judiciales ingresados nos seus xulgados entre as urbes españolas de entre 250.000 e 350.000 habitantes. O estudo realizado polo Colexio de Procuradores de Vigo a partir dos datos oficiais do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) inclúe a 10 das 20 maiores cidades españolas de tamaño máis semellante a Vigo. A maior cidade de Galicia é tamén a que máis xulgados ten por habitante, cunha sala por cada 8.368 habitantes.

A 31 de maio de 2019, Vigo sitúase con a cuarta cidade española que máis casos resolve, por detrás de Alicante, Bilbao e A Coruña. O atasco estrutural da xustiza viguesa acada os 19.210, un dos máis elevados de España e que máis creceu nos últimos 5 anos.

O Colexio de Procuradores de Vigo desenvolve dende 2018 un plan para dotar dunha maior axilidade ao funcionamento dos xulgados coa creación do procurador executivo, un novo operador xurídico que otorgue aos profesionais da procura novas funcións de execución.

A iniciativa xa recibiu o apoio de todos os representantes da provincia de Pontevedra no Congreso dos Diputados, da Orden de Solicitadores e Agentes de Execuçao de Portugal e do Parlamento de Galicia a través da aprobación dunha proposición non de lei que trasladará ao Goberno de España para atribuir aos procuradores competencias na execución de sentenzas.

 

Consulta aquí o informe completo ‘A Xustiza en Vigo’ cos datos do 2º trimestre de 2019.