27.05.2022. Os procuradores de Vigo mostran o seu total rexeitamento ao Real Decreto (RD) de Aranceis aprobado polo Goberno a instancias do Ministerio de Xustiza e adoptan medidas contra el. Remitiron 115 cartas, asinados polo 80% dos procuradores, reprobando a actuación do Consejo General de Procuradores de  España (CGPE) e pedindo a dimisión da súa executiva por non evitar a drástica redución dos seus honorarios profesionais establecida pola nova norma. O decano dos procuradores de Vigo, José Antonio Fandiño, solicitou tamén a visita urxente do presidente da CGPE a Vigo para pedir explicacións e tratar de evitar a perda de poder adquisitivo dos procuradores, pero Juan Carlos Estévez cancelouna.

O Colexio Oficial de Procuradores de Vigo decidiu adoptar estas medidas nunha asemblea extraordinaria. Aprobouse asinar masivamente cartas solicitando a dimisión do presidente e da actual xunta directiva do CGPE, así como estudar a posibilidade de recorrer o Real Decreto, sumándose a outros colexios de España para presentar un recurso ante o Tribunal Supremo. Como consecuencia da súa preocupación pola aprobación da nova norma, os procuradores de Vigo convidaran tamén ao presidente do Consello a Vigo para poder preguntarlle directamente sobre os seus plans para reverter a situación e a súa visión do futuro da procura.

Anteriormente, o decano dos procuradores de Vigo xa trasladara á CGPE a súa decepción por como lideraran a oposición ao Real Decreto dende a Consello “Pero agora que está aprobado só nos queda reaccionar, polo que antes de que o Colexio de Vigo valorase outras actuacións quixemos que o Consello nos dixese de primeira man o que se vai emprender para facerlle fronte a este atropelo, pero o presidente cancelou a súa visita ao recibir as cartas” resume o decano de Vigo.

O Real Decreto establece límites máximos aos aranceisnos que se basean os honorarios profesionais dos procuradores e non permite fixar un límite mínimo. Estas taxas están conxeladas desde 2003 e non se actualizan, mentres que a inflación subiu un 44,5%, polo que consideran inasumible introducir agora modificacións á baixa sen aplicar antes, cando menos, unha actualización en función do IPC oficial.

Os  procuradores consideran que esta nova lei, que reduce os seus honorarios e compromete o futuro da profesión, pon en dúbida a garantía da prestación dos seus servizos cunha calidade mínima e a cobertura dos seus gastos de funcionamento. Para José Antonio Fandiño, “supón un desprezo absoluto á actividade dos procuradores e condénanos a cobrar polos nosos servizos unhas cifras non acordes coa súa realidade, nin co seu contido, e menos aínda cos seus custos”.

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?