Manifesto pola axilidade da Xustiza

A pandemia do coronavirus é, sen lugar a dúbidas, unha das maiores crises ás que nos enfrontamos como sociedade moderna dende a perspectiva da saúde pública, a economía, pero tamén como profesionais da administración de Xustiza.

En 2019, os xulgados españois ingresaron 130.818 novos casos semanais, 6.894 deles en Galicia e 1.140 en Vigo. Tras seis semanas de confinamento e a limitación da actividade xudicial ata a fin do estado de alarma (neste momento decretado ata o 26 de abril), o número de casos en trámite crecerá de forma exponencial debido á imposibilidade de  xestionalos nas salas durante este periodo. Unha situación que en Vigo, onde os asuntos non resoltos crecen un 54% en cinco anos, é especialmente crítica.

O funcionamento lento e ineficaz da administración de Xustiza non é consecuencia da súa paralización actual, senón que se trata dunha cuestión estrutural previa a crise da Covid-19. Aínda así, es en momentos como os que vivimos actualmente, nos que debemos impulsar todavía con máis fuerza os servizos esenciais para a cidadanía, entre eles a administración de Xustiza. No noso caso, é responsabilidade de todos os profesionais e operadores xurídicos traballar con máis empeño se cabe por unha Xusticia activa e áxil.

Como parte deste compromiso, a xunta de goberno do ColeXio de Procuradores de Vigo propón:

  • Reactivación da actividade xudicial inmediata a través do teletrabajo mediante Lexnet para todos os profesionais da Xustiza (xuíces, letrados de xustiza, funcionarios) para resolver todas as actuacións procesais e xudiciais pendentes. Ata finais de 2019, España acumula máis de 2 millóns de asuntos pendentes de resolver.
  • Aplicación plena do artigo 133 da LEC para reducir os tempos mortos, que indica que os cómputos dos prazos comezan a correr no momento que os escritos se trasladen entre as partes e non pola admisión do tribunal.
  • Desenvolvemento obrigatorio de todos os actos de comunicación por parte dos procuradores, así como a reforma da lei 241 de la L.E.C. para incluir como costas os gastos e dereitos devengados desta práctica.
  • Creación da figura do procurador executivo, que dote aos procuradores das funcións necesarias para o desenvolvemento de emprazamentos, citacións persoais, requerimentos de pago, así como o acceso ao punto neutro xudicial e a execución de embargos baixo control xudicial. A nova figura duplicaría a capacidade de xestión da administración de Xustiza, poñendo á súa disposición sen coste adicional aos 10.148 profesionais da procura en España de forma inmediata, á vez que libera aos profesionais públicos para o desenvolvemento doutras xestións e tramitacións.
  • Desaparición dos órganos uniprovinciais especializados en clausulas chan e devolución das competencias sobre as mesmas aos xulgados civís debido a súa alta pendencia e falta de capacidade resolutiva.
    • Preceptividade do procurador en todos os órganos xurisdiccionais para evitar dilacións. Ante a presenza dun procurador, os traslados de copias son requisito fundamental e os prazos inicianse no momento do primeiro traslado.