Neste momento estás a ver O CGPE considera ‘escasa e inxusta’ a proposta do PSOE de pasarela ao Reta
VIGO, 140618. COLEGIO PROCURADORES DE VIGO.

O CGPE considera ‘escasa e inxusta’ a proposta do PSOE de pasarela ao Reta

  • Categoría da entrada:Novas

05.05.2025. O Consejo General de Procuradores de España (CGPE) vén de remitir unha petición a todos os partidos políticos do Congreso dos Deputados para que a pasarela ao Réxime Xeral de Traballadores Autónomos (Reta) dea acceso aos profesionais da procura “nas mesmas condicións que lle outorga ao resto dos autónomos españois”.

O CGPE describe como “escasa, inxusta e socialmente excluínte” a proposición de lei do PSOE, cuxo debate se inicia mañá no Congreso de los Diputados, para permitir que as procuradoras e procuradores mutualistas poidan ingresar na Seguridade Social.

Así o fixo constar este luns o máximo órgano de representación da procura en España nunha comunicación dirixida ás formacións políticas do arco parlamentario, os medios de comunicación e as asociacións de persoas autónomas, na que tamén adiantou que o seu presidente, o ourensán Ricardo Garrido, asistirá ao debate na Cámara.

“A lei que se presenta mañá non é socialmente inclusiva porque situaría as procuradoras e procuradores españois entre un 20% e un 30% por debaixo da pensión mínima de calquera outro autónomo español. Ademais, deixa fóra do sistema a máis de 1.300 procuradores xa xubilados e pensionistas da nosa mutualidade”, explicou Garrido, e salientou a reivindicación de “que ninguén quede atrás e que o sistema de pensións sexa xusto e universal para todos os mutualistas españois”.

Podes ler aquí a nota de prensa do CGPE.

Fotografía: Punto GA-M.Riopa.