Neste momento estás a ver O Colexio renova a súa presenza dixital

O Colexio renova a súa presenza dixital

  • Categoría da entrada:Novas

9 xullo 2018.Os profesionais da procura conta dende hoxe cunha nova ferramenta para impulsar o seu traballo. O Colexio de Procuradores de Vigo renova a súa presenza dixital cunha nova web de información para a cidadanía e fomentar a participación entre os procuradores e procuradoras. A nova plataforma permitirá aos profesionais colexiados compartir documentos e materiais de utilidade para o desenvolvemento da profesión e o seu día a día, así como abrir foros de debate sobre o estado actual da procura para atopar alternativas. O nome do novo espazo, colegioprocuradoresvigo.es, foi escollido por unha maioría de xeito democrático entre os procuradores vigueses.