9 de marzo 2020. O Colexio de Procuradores de Vigo inicia a elaboración dun manual de boas prácticas para incrementar a preparación dos procuradores que interveñan en casos de violencia contra a muller. No terceiro trimestre de 2019, o 5,6% das víctimas de violencia de xénero en Galicia acolléronse á dispensa para non declarar. Este decálogo recollerá información completa sobre o trato cara as víctimas de violencia de xénero para completar a formación dos profesionais da procura e que podan ser máis eficaces á hora de acompañar ás víctimas durante o proceso xudicial e apoialas nesta situación. A Xunta de Galicia xa esixe formación especializada para os axentes xudiciais que participan en casos de violencia de xénero.
No terceiro trimestre de 2019 presentáronse 1.680 denuncias por violencia de xénero en Galicia. En Vigo, de 372 mulleres, 15 renunciaron a prestar declaración. Na maioría dos casos, segundo os expertos, renuncian a declarar por medo ao agresor, e incluso polo temor a non ser creída. Nestes casos o 14,3% das causas procesadas en Galicia entre o 1 de xullo e o 30 de setembro rematan sen condena, segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial.
Esta iniciativa xorde trala formación de 50 procuradoras e procuradores vigueses en asuntos sobre violencia de xénero no curso de especialización organizado en colaboración co Consello Galego de Procuradores celebrado o pasado ano. Os servizos dos procuradores vigueses están incluidos no protocolo de funcionamento da Oficina de Atención ás Víctimas de Delitos de Xénero dende o primeiro momento. A posibilidade de contar cun procurador dende o inicio do procedemento sen ningún custo permite axilizar os trámites previos e limitar as comparecencias das víctimas ante os tribunais ás estrictamente necesarias.
Ata mediados do pasado mes de decembro, o Xulgado de Violencia sobre a Muller cursou 1.024 casos sobre Violencia de Xénero en Vigo durante o 2019.
As mulleres representan el 72% da procura en Vigo
As mulleres representan o 72% do colectivo da procura en Vigo, un 5,1% máis que a media nacional, segundo o estudo “Datos estadísticos de mujeres en puestos directivos en España en el sector jurídico”, que as sitúa nun 66,9%.
A cifra de profesionais en 2019 ascende a 151 en total, con 109 procuradoras en activo. O 70% da xunta de goberno do Colexio de Procuradores de Vigo está representada por mulleres, un 11,1% máis que a media de mulleres que ocupan postos na xunta de goberno dos 67 Colexios de Procuradores que existen en España, o 58,9%.