Neste momento estás a ver O PSOE analiza a proposta dos procuradores para axilizar a Xustiza

O PSOE analiza a proposta dos procuradores para axilizar a Xustiza

  • Categoría da entrada:Novas

26.10.2020. O PSdeG-PSOE analiza a proposta do Colexio de Procuradores de Vigo e do Consello Galego de Procuradores para axilizar a Xusticia e reducir o atasco de casos. Os procuradores aspiran a impulsar un cambio legal que permita implantar a figura do procurador executivo (similar a que existe en Portugal), que elimina costes á Administración e facilita a velocidade na resolución e execución de sentenzas e autos xudiciais. Representantes do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia reuníronse o venres en Vigo co presidente e  vicepresidente do Consello de Procuradores de Galicia para coñecer en detalle a proposta, que xa foi apoiada por outros partidos políticos e elevada ao Parlamento a proposta do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda.

Con 22.332 asuntos en trámite, o crecemento do atasco en Vigo acada cifras históricas e crece un 79% dende 2016 a pesar da creación de 2 novas salas. A acumulación de asuntos sen resolver en Vigo duplica a rexistrada en España, onde se acumulan nun 37% máis que hai catro años. A paralización da actividade xudicial durante o inicio da crise pola Covid-19 aumenta un 10% o atasco entre marzo e xuño según datos do Consello Xeral do Poder Judicial (CGPJ). Ante o empeoramento da situación, os procuradores reimpulsan o seu plan para axilizar a Xustiza e promover a creación do procurador executivo, un novo operador xurídico que estiman reduciría o atasco nun 50%.

O procurador executivo xurídico sumaría ás funcións actuais dos procuradores a ejecución de embargos e dilixencias, así como o acceso ao punto neutro de información baixo control xudicial. “A creación de salas non é suficiente.  Nos últimos catro anos, Galicia suma 7 novas salas, pero o atasco continúa en alza cun 34% máis de casos sen resolver. É necesario sumar novos elementos á estratexia, como o procurador executivo” explica Fernando González, presidente do Consello de Procuradores de Galicia e decano do Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.

A iniciativa é impulsada polo Colexio de Procuradores de Vigo co apoio do Consello Galego de Procuradores seguindo a estela do Consello Xeral de Procuradores de España (CGPE).

A proposta de creación do procurador executivo xa foi trasladada polo colectivo aos representes da provincia de Pontevedra no Congreso dos Deputados e xa foi aprobada en comisión parlamentaria como proposición non de lei no Parlamento de Galicia. Durante a última semana, a proposta tamén foi trasladada a Paloma Castro, representante do PSdG-PSOE na comisión de Administración Xeral, Xustiza e Interior nun encontro co presidente do Consello Galego de Procuradores, Fernando González e o vicepresidente dos procuradores galegos, José Antonio Fandiño.

Para a posta en marcha do procurador executivo tan só sería precisa unha modificación lexislativa que otorgue as novas funcións aos procuradores, que xa contan coa experiencia e coñecementos para desenvolvelas.

O Consello Galego de Procuradores de Galicia representa aos 726 procuradores que exercen nos xulgados galegos, dos cales 150 atópanse nos partidos xudiciais de O Porriño, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo.