Neste momento estás a ver “A mediación debería ir máis alá do xulgado”

“A mediación debería ir máis alá do xulgado”

  • Categoría da entrada:Novas

24.01.2020. Gemma Pons, consultora Internacional en Xestión de Conflitos, mediadora e avogada, é socia fundadora do centro de mediación ‘Xestión Intelixente de Conflitos’. A súa especialidade é o deseño de sistemas de xestión de conflitos para organizacións públicas e privadas. “A mediación debería ir máis alá do xulgado. Debemos comezar a facer campañas de sensibilización para que sexan as empresas ou organizacións as que nos confíen a mediación”, apunta Pons na semana que se celebra o día internacional da mediación.

 

PREGUNTA: Por qué iniciar un procedemento de mediación?

RESPOSTA: Para iniciar un procedemento de mediación, normalmente recorrese a dúas vías. A máis coñecida é a mediación cando xa está o caso xudicializado. O futuro do noso colectivo está en conseguir que os casos de mediación nos cheguen antes da interposición da demanda, é dicir, nala extraxudicial. Ademáis do principio de confidencialidade, as partes no procedimento de mediación atopan unha solución á súa medida e intereses sen necesidade de que un terceiro lla impoña.

 

A mediación sería unha forma de desatascar os xulgados?

R. Non debe ser o obxectivo. A forma de desatascar os xulgados é que o Ministerio de Xustiza poña máis medios económicos e persoal, e que realice complementariamente campañas de sensibilización onde se poña en valor a utilidade da mediación. É certo que se poden desatascar en certos casos, pero a clave é conseguir un cambio na sensibilización cidadá.

 

En qué casos?

R. A sociedade está moi sensibilizada actualmente cos casos de mediación familiar, xa que é un ámbito no que se comezou a lexislar en 2001. O meu equipo xestiona casos de mediación no ámbito civil, coma procesos hipotecarios ou desafiuzamentos, herdanzas e conflitos que xorden nas comunidades de propietarios; casos mercantís, sobre todo nas empresas familiares. Está comezando a funcionar moi ben a mediación no ámbito contencioso administrativo, aínda que en Galicia non chegou polo de agora. E tamén podería engadir a mediación restaurativa e penal, á que durante os últimos anos deuselle moito pulo institucional.

 

En Galicia, o 92,4% son empresas familiares, existen moitos conflitos neste ámbito?

Os conflitos que traballamos nas empresas familiares soen ter a mesma raíz: a sucesión da empresa, conflitos entre socios por diverxencias na xestión, decisións respecto do nivel de débeda, préstamos-avais… Na loita interxeracional polo control da empresa tamén xorden moitos conflitos, ademáis da incorporación ou non da familia política, reparto de postos/función e retribución dos mesmos, a xubilación do fundador, a xestión do patrimonio da empresa e o patrimonio familiar… A nosa función é abordar todas estas cuestións de forma preventiva, antes de que aparezan os conflitos e así co consenso da familia establecer o protocolo familiar.

 

Onde poñemos entón o foco?

O foco hai que poñelo sempre na prevención. Un bo símil podería ser a prevención de riscos laborais. Fai uns anos, non se lle daba apenas importancia e só hai que ver onde está agora na axenda das empresas. Cos conflitos deberíase comezar a sensibilizar, non só á empresa familiar senón tamén ás grandes corporacións, da utilidade de implementar estas ferramentas na xestión pacífica dos conflitos.

 

En 2018 apróbase o Anteproxecto de Lei de Impulso da Mediación que pretende o asentamento definitivo deste instrumento alternativo ós julgados para a resolución dos conflitos máis habituais no ámbito civil. Avanzouse neste senso?

Mediadores, procuradores e avogados deben ser conscientes de que a mediación estase a mover a nivel organizacional. Cada vez máis empresas apostan por implementar os sistemas de mediación que buscan a terceiros para xestionar os conflitos. Tras 20 anos, non foi doado, pero nós traballamos exclusivamente con este fin. A mediación debería ir máis alá do xulgado. Os profesionais liberais non deberíamos obsesionarnos coa mediación intraxudicial, senón comezar a facer campañas de sensibilización para que sexan as empresas ou organizacións as que nos confíen a mediación.

 

Cal é a situación da mediación intraxudicial?

Hai un aspecto preocupante nas comunidades autónomas que non contan coa delegación de competencias en Xustiza. Nestas comunidades teñen graves problemas para que os avogados e procuradores cobren o turno de oficio. Mentras estos operadores non cobren en tempo e forma os seus honorarios resulta difícil plantexar que a mediación teña oco no sistema xudicial. Existe unha xararquía e hai que respetar a súa orde. Si non hai presuposto non ten sentido introducir un novo colectivo, os mediadores e a financiación pública dos honorarios do mediador para os beneficiarios da xustiza gratuíta, neste senso precisamos ser realistas.

 

Poderían os mediadores e procuradores ser axentes aliados?

O mediador ten un rol distinto ao do letrado e o procurador. Non se concibe a mediación intraxudicial sen unha cooperación e respeto ao traballo de ambos. Letrado e procurador son as persoas lexitimadas polo cliente. A clave está na transparencia, e estipular de forma precisa o traballo que vai facer o mediador, cun respecto máximo ao rol de cada operador xurídico que intervén no proceso.

 

Ademáis, exerces a avogacía, como valoras a figura do procurador dentro do sistema xudicial?

A destreza máis destacable da figura do procurador é a escoita activa. Cando comeza o proceso de mediación é fundamental intentar entender o conflicto. Os procuradores teñen un don natural para aplicaren esta técnica. Os procuradores teñen dúas grandes habilidades mediadoras: a escoita activa e a reformulación asertiva, e utilizan ambas con moita pericia.

 

En que posición atópase a mediación en Galicia?

 

En Pontevedra os xulgados que ofrecen mediación familiar intraxudicial e que aparecen na web oficial doCGPJ son os xulgados de: Marín (1ª instancia e instrucción número 1 e 2), Redondela 1ª instancia e instrucción número 2), Pontevedra (1ª instancia número 5), Caldas de Reis (1ª instancia e instrucción número 1 e 2) e Vigo (1ª instancia número 5 e 12). Asimesmo, ofrecen mediación no ámbito civil o xulgado de primeira instancia nº 11 de Vigo. Existen 9 xulgados só en Pontevedra cun convenio asinado, o que é esperanzador. Extraxudicialmente, deberíamos buscar alianzas con que conselleiros delegados e responsables de recursos humanos sean conscientes do valor de resolver os seus conflitos antes de que cheeguen á vía xudicial. En canto á mediación intraxudicial, é necesario que os mediadores respeten con máxima dilixencia e rigor o traballo dos letrados e procuradores, gañándose a súa confianza e articulen protocolos eficaces de intervención.