Neste momento estás a ver Procura gratuita para las víctimas  de violencia de género y delitos de odio

Procura gratuita para las víctimas de violencia de género y delitos de odio

  • Categoría da entrada:Novas

2.10.2018. A xunta de goberno del Colexio de Procuradores de Vigo aproba por unanimidade propor ao Maxistrado Decano de Vigo a inclusión do servizo de procura gratuita dende o primeiro momento no protocolo de funcionamento da oficina de atención ás vítimas de delitos de xénero e de odio.

A designación gratuita dun procurador ou procuradora producirase dende o inicio do proceso, no momento no que a vítima interpoña a denuncia ante o xulgado ou a formalice, independentemente da concesión ou non dos servizos de xustiza gratuita. Será o Colexio de Procuradores o que asuma os honorarios dos profesionais. Posteriormente e durante o proceso, os honorarios dos procuradores serán xestionados mediantes os cauces habituais.

A posibilidade de contar cun procurador dende o primeiro momento sen ningún coste permitirá axilizar os trámites previos e limitar as comparecencias das vítimas ante os tribunais ás estrictamente necesarias.

A inclusión da procura gratuita non só permite mellorar o servizo aos ciudadáns, senón tamén propiciar a axilidade  e a eficacia da acción xudicial grazas á figura dos procuradores como cooperadores clave con tribunais, letrados e axentes xudiciais.

[kleo_button title=”¿Eres procurador? Clica aquí para acceder á área privada e consulta o protocolo. ” href=”https://colegioprocuradoresvigo.es/subdominio-privado/index.php/actas/” style=”default” size=”” ]