09.07.2019. A deputada de Unidas Podemos-Galicia en Común, Yolanda Díaz, plantexou ao Congreso dos Diputados unha pregunta escrita para analizar e debatir a creación da figura do procurador executor, co obxetivo de axilizar a Xustiza.
“O caso de Vigo e a súa área de influencia é especialmente grave, pois acumula un récord de asuntos sen resolver nos seus xulgados, tras un incremento do 33% en 2018 e do 66% nos últimos cuatro anos”, sinala Díaz na súa interpelación ao Congreso, tras reunirse co Colexio de Procuradores de Vigo.
Os procuradores vigueses mantiveron nos últimos días reunións similares con Beatriz Pino (deputada de Ciudadanos); Ana Pastor (deputada PP) e Elena Muñoz (senadora PP); e está prevista que se reúnan nos próximos días co alcalde de Vigo e presidente da Femp. “A nosa intención é reunirnos con todos os grupos políticos pois non estamos ante un problema partidista senón ante un problema de todos os cidadáns españois, que é especialmente grave en Vigo, por iso tomamos a iniciativa”, explicou Gisela Álvarez Vázquez, vicedecana dos procuradores vigueses.