Neste momento estás a ver “Recibir ao procurador inmediatamente no turno de oficio é fundamental”
VIGO, 211119. JORNADA VIOLENCIA DE GENERO ORGANIZADA POR COLEGIO PROCURADORES VIGO.

“Recibir ao procurador inmediatamente no turno de oficio é fundamental”

  • Categoría da entrada:Novas

28.11.2019.  Belén Rubido, maxistrada do xulgado do penal nº4 de Pontevedra, especializado en violencia sobre a muller, participa este mes nas xornadas de formación en materia de igualdade e violencia de xénero dos procuradores e procuradoras de Vigo coa súa ponencia Especialidades no proceso penal en delitos por violencia de xénero: instrucción, fase intermedia, xuizo oral e execución. Recibir ao procurador inmediatamente no turno de oficio é fundamental. Estabamos moi acostumados a recibir ao avogado, pero faltábanos o procurador”, apunta Rubido.

PREGUNTA: Qué diferencias hai nun proceso penal nos casos de violencia de xénero fronte outro tipo de casos?

RESPOSTA: As fases son as mesmas, o que cambia é a competencia do xulgado, para achegar á xustiza á vítima. En fase de instrución realízase mediante xulgados especializados e non depende do lugar onde se comenten os feitos, senón do domicilio da vítima. Na fase de xuízo oral, excepto en Vigo e en Redondela, o xulgado do Penal número 4 de Pontevedra está especializado en violencia sobre á muller, violencia doméstica, quebrantamento de penas de violencia sobre á muller e violencia doméstica.

P. Con máis de 3.500 casos de violencia de xénero activos en toda Galicia, podemos valorar estas cifras positivamente?

R. É moi difícil calcular cal é a verdadeira cifra. En moitos casos non hai denuncia previa porque foi silenciado, por vergoña, temor ou falta de conciencia de que están a sufrir esta violencia. O aumento de denuncias non quere dicir que aumente a violencia, senón que as tarefas de concienciación están a funcionar.

P. Por que Galicia é a quinta Comunidade en número de casos de violencia de xénero?

R. Non hai ningún compoñente de clase social ou rexional. A violencia de xénero é un delito transversal. En Galicia, existen núcleos familiares moi compactos e isto fai que a conflictividade se perpetúe. Un caso que sucede nunha cidade é posible que remate cun traslado de domicilio. Nos casos máis rurais, no domicilio hai moitos familiares que entran en conflito. Non é a causa, pero fai que o conflito se prolongue no tempo.

P. Que impacto ten a incorporación dos procuradores aos protocolos de violencia de xénero?

R. Os procuradores son moi importantes en todo o proceso. A maior parte de procedementos de violencia de xénero comezaban como xuízos rápidos. Estabamos moi acostumados a recibir ao avogado inmediatamente no turno de oficio, pero faltábanos o procurador, que é fundamental para as notificacións, para ter localizada á vítima… Fallaba á intermediación. Ademáis, existía un problema técnico moi importante: cando as vítimas se personaban como acusación particular, non estaban correctamente personadas, xa que a acusación particular esixe do avogado e do procurador. Non tiñan personación en forma e isto creaba moitas disfuncións nos xulgados. É o paso adiante que precisábamos dende os xulgados.

P. Os procuradores impulsan a figura do procurador executivo. Como valora a proposta?

R. O procurador pode realizar moitas accións executivas e todo depende de como se arbitre. Se a execución externalízase na figura do procurador, pero se fai coas debidas garantías pode ser algo positivo. Todo o que sexa aportar e facilitar que autos e sentencias poidan cumplirse é favorable, sempre e cando os dereitos das partes estean garantizados.

 

Consulta aquí la ponencia completa de la Sra.Rubido de la Torre