30 de novembro de 2022. O Colexio de Procuradores de Vigo recupera dez poemas descoñecidos de Celso Emilio Ferreiro. Os dez textos, escritos por Celso Emilio Ferreiro orixinalmente en castelán, formaban parte da súa obra Antipoemas, pero foron censurados e retirados do libro en 1972 sen ser recuperados pola edición comercial. O compendio de poemas, elaborado de maneira artesanal polo xornalista, debuxante e pintor Xosé Sesto, mostra ao Celso Emilio máis reivindicativo baixo o título Poemas Prohibidos. Os procuradores de Vigo consideran un acto de xustiza darlle a luz aos dez poemas esquecidos e organizan unha lectura dos textos recuperados hoxe no Museo Marco de Vigo.

Celso Emilio Ferreiro exerceu de procurador en Vigo entre 1950 e 1966. A faceta de procurador do recoñecido escritor descubriuse tras o achado dun arquivo inédito do seu expediente profesional na cidade viguesa que permaneceu 70 anos no descoñecemento ata o 2020.

“Saber que Celso Emilio Ferreiro era un máis da nosa profesión foi unha sorpresa, pero recibir das mans da súa familia un poema descoñecido e que reflexiona sobre a Xustiza é un agasallo incalculable. Unha vez coñecemos o poema, indagamos na súa procedencia. É de xustiza sacar a luz poemas que no seu día foron censurados para que todos poidamos abraiarnos con este novo Celso Emilio que estamos a descubrir” explica José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.

No acto celebrado en Vigo participaron procuradores e procuradoras na lectura dos poemas, así como o biógrafo e correspondente da Real Academia Galega, Ramón Nicolás, o director da Fundación Celso Emilio Ferreiro e fillo do poeta, Luis Ferreiro Loredo, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.

©2023 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?