03.06.2019. Emilio Álvarez Pazos leva 25 anos exercendo como procurador colexiado en Vigo e como mutualista. O próximo venres é un dos sete profesionais que recibirán o recoñecemento do colectivo polos seus anos de servizo. “Un bo procurador ten que ser organizado e dilixente. Somos a peza clave entre o cliente e o letrado”, sinala Álvarez Pazos.
É optimista sobre o futuro da profesión de procurador?
Cando empecei hace 25 anos xa anunciaban a nosa desaparición. Hoxe seguen dicindo o mesmo e seguimos aquí, aínda que cada vez máis arrinconados. As reformas lexislativas dos últimos cinco anos, como a supresión dos xuizos de faltas nos accidentes de tráfico, fixeronnos moito dano. No ámbito dos seguros, que centra boa parte da miña actividade, o traballo descendeu moitísimo, aínda que no mes de marzo houbo unha nova modificación lexislativa que pode favorecer para que estes procedementos volvan a entrar nos xulgados e a carga de traballo volva repuntar.
É clave o procurador na xestión da Xustiza?
Os procuradores somos fundamentais. E é necesario que la Administración de Xustiza nos vexa así.
Por qué son fundamentais?
Somos a principal peza de interlocución entre o cliente e o letrado cos xulgados. Temperamos a relación para que todo vaia ben entre eles.
Cal é o maior reto ao que se enfronta a profesión na actualidade?
Coa lei Ómnibus podes exercer de procurador en calquera parte, o que te obriga a planificarte e estar todo o día correndo. Esta lexislación provocou tamén a chegada dunha avalancha de profesionais, fundamentalmente de grandes despachos de Madrid, que teñen moitos acólitos traballando que lles fan o traballo por cantidades probablemente inferiores ao que marca o arancel. Unha clara práctica de competencia desleal e que prexudica a profesión.
Qué cualidades debe ter un bo procurador?
Ser organizado e dilixente. Cando empecei, Cristina díxome que con organización e boas pernas era suficiente. E tiña toda a razón Antes corríamos moitísimo porque había moito papel. Agora non o hai, pero é necesario ter organización e boa vista para estar todo o día diante do ordenador.E tamén don de xentes. Hai que saber levarse ben con todo o mundo.
Qué rol debe desenvolver o Colexio no día a día?
O que desenvolve ata agora está ben, especialmente con iniciativas como a creación da nova páxina web e o fomento da prensa, que me parecen unha idea moi boa. É necesario visibilizar a profesión e facernos valer, xa que o noso importante labor é descoñecido, cando non incomprendida, pola meirande parte da poboación. Debemos arrouparnos entre todos e seguir defendendo a profesión como colectivo.