Neste momento estás a ver Vanesa Núñez e “o programa definitivo” para procuradores
VANESA NUÑEZ, COLEXIO DE PROCURADORES

Vanesa Núñez e “o programa definitivo” para procuradores

  • Categoría da entrada:Novas

11.10.2019. Vanesa Núñez non é programadora, pero é unha das pezas clave no desenvolvemento do que ela non duda en chamar “o programa definitivo” para procuradores.

Vanesa é programadora e comezou na profesión porque lle gusta estar polos xulgados de aquí para alá, buscar, o tema procesar e o traballo activo. É unha nostálxica do procurador de a pé e confesa que Lexnet e a Lei Omnibus fixeron que se perdera en certo sentido a esencia do procurador, que xa non é tanto o xulgado, senon que traballa por vía telemática. E, precisamente aquí, é onde entra en xogo ProcurLEX, un programa informático feito para procuradores e específico para o seu traballo. “A idea é que poidamos facer todo a través do programa. Foi unha necesidade que xurdiu a través dos colexios de procuradores e que se transmitiu ao Consello Xeral de Procuradores, que tivo a idea de crear un programa que responde ás necesidades dos procuradores”, explica Vanesa.

ProcurLEX é un programa versión escritorio que se desenvolve dende fai un ano en colaboración coa empresa de software e comunicacións Marka Informática. Na súa versión 25, ademais das funcións básicas, ProcurLEX xa integra aranceis, contabilidade integrada, modelos de Facenda, certificación de envíos e está previsto que inclúa Lexnet. “Esta versión sairá sendo moi completa, pero xa hai procuradores traballando coa ferramenta dende a súa versión 21”, asegura Vanesa.

Se ProcurLEX resulta ser ou non unha revolución para o método de traballo na procura verase co tempo. Pero as vantaxes son innegables. “Que todos os procuradores usemos o mesmo programa facilitaranos moito á hora de cubrir unha sustitución, algo que ata agora era difícil tendo en conta que cada un usamos un programa diferente e iso complica as cousas”, sinala Vanesa. Ademais, ProcurLEX é parametizable, o que significa  que o usuario pode configurar o programa según a súa necesidade en calquera momento, sen ter que contactar co informático. E, entre as grandes novidades que inclúe, Vanesa non dubida en destacar que tanto a migración de datos dende os principais programas a este como as actualizacións son gratuitas e que o programa permite automatizar tarefas a través da creación dun tipo de actuación. “ProcurLEX garda directamente esa información nas túas tarefas e afórrache moitos clics e horas de traballo”, conta.

Polo momento, Vanesa continúa colaborando no seu desenvolvemento, testeando o programa continuamente xunto a un equipo de procuradores de diferentes perfís e informáticos que, día a día, conseguen dar un paso máis na súa evolución. “Pode que ao fin e ao cabo a tecnoloxía non sexa tan mala para nós. Temos que evolucionar, non nos queda outra”, di Vanesa.