02.05.2019. Javier Toucedo leva case 40 anos exercendo a profesión de procurador como parte do Colexio de Procuradores de Vigo, nos que ten participado en diversas ocasións nas xuntas de goberno.
Cómo valora o estado actual da profesión?
Vivimos nunha época de velocidade, naque se valoran pouco o esforzo e o traballo ben feito. Estamos nun estado de vertixe, de correr moito e tirar para diante. E iso perxudica o prestixio de calquera profesión. Hai algúns compañeiros que se están convertindo en ‘mandadeiros con toga’.
Cómo cambiou a figura do procurador nos últimos 30 anos?
Antes levabamos a profesión dun xeito máis pausado. Comentábanse os pleitos cos abogados, estudiabanse os asuntos. Éramos como unha gran familia. Había traballo para todos. Ahora andamos estresados. Deprisa, remata un prazo. Deprisa, non chego a tempo. Deprisa, é día de gracia…. Hai varios compañeiros neste partido xudicial que adestran maratóns para levar mellor o día a día. De todos xeitos e sen perxuizo destas presas, todo procurador que se precie debe estar perfectamente enterado do pleito que se trae entre máns, é o xeito de representar debidamente ao cliente.
Cambiaron os retos aos que se enfronta a procura dende que comezou na profesión ata hoxe?
Non hai dúbida. O CGPJ e a xudicatura proclamaron a utilidade e conveniencia do mantemento da figura do procurador a apostan porque asuma tamén máis tarefas de colaboración cos órganos xurisdiccionais e cos abogados directores da defensa das partes no procedemento, tanto na práctica dos actos de comunicación e a fase de proba, como especialmente na execución, tal e como propón a propia Comisión Europea a través da Comisión Europea para a Eficacia da Xustiza. Unha aposta que, de xeito todavía incompleto, pouco a pouco foise implementando nas recentes reformas que afectaron a nosa lei de enxuizamento civil.
Cal é o maior reto ao que se enforntan os profesionais hoxe en día?
A incertidumbre. Non fai moito comentaba o Decano de Barcelona parodiando a canción de Mocedades “tómame o déjame, pero no me pidas que te crea mas…” e manifestaba que o noso colectivo e nuestros respectivos colexios fixeron un gran esfuerzo, tanto a nivel persoal como económico, para liderar todo o proceso de implementación das novas tecnoloxías. Non nos queremos quedar aquí e a procura do século XXI, sen querer invadir competencias de ninguén, todavía ten capacidade e o firme desexo de ofrecer unha maior colaboración aos xuices, letrados da administración de xustiza e o resto de funcionarios para lograr que a eficacia da administración de xustiza se aproxime a das outras administracións públicas que fai anos son unha referencia no noso entorno europeo.
A día de hoxe, moitos profesionais desconfían da continuidade da procura no futuro, cómo ve vostede a figura do procurador nos próximos dez anos?
Os países con traducción xurídica romana como Francia, Italia ou Portugal siguen mantendo un sistema dual de postulación procesal, aínda coas adaptacións esixidas pola súa propia evolución histórico-social e aa estructura do proceso. É posible que se vaia incluíndo na nosa normativa procesal ao hussier, cuxas funcións esenciais son a notificación de actos de procedemento, execución forzosa de títulos executivos e outros actos de servizo ante os órganos xurisdiccionais. Existe lexislación do tribunal constitucional que pón de manifesto a transcendencia da intervención do procurador no correcto desenvolvemento do proceso según a cal “sin cuya colaboración no solo se resentiría gravemente el normal funcionamiento delmismo, sino que resultarían de imposible cumplimiento las garantías de efectividad y defensa que impone la Constitución a la tutela judicial”.
Qué medidas faría falta aplicar para que mellorase o estado da profesión? Sería suficiente con asumir novas funcións de execución?
As garantías do proceso esixen ou fan convinte a dualidade de abogado e procurador. É imprescindible que se regule de forma adecuada o acceso ao exercicio da profesión en termos similares a outros países da Unión Europea, que acrediten aos procuradores como profesionais cunha formación especializada para as funcións que asumimos. Hai que conseguir equiparar a posición xurídica do procurador á que teñen en Francia os hussiers, ou en Portugal os solicitadores, que exercen funcións públicas por delegación do Estado.
Cales son para vostede os mellores momentos que viviu como procurador?
Cando estábamos suxeitos á territorialidade. Cada un é profeta na súa terra. O procurador debe estar ligado dalgún xeitos aos xulgados e tribunais nosque actúa.
Qué recomendación lle daría a un profesional da procura que está comezando?
Traballar como autónomo, que non perda a ilusión e que actúe semprecon independencia, honradez, veracidade y baixo as normas deontolóxicas da profesión.