14.02.2020. Mercedes de Miguel decidiu abrir su despacho en O Porriño hai tres décadas, unha vez que se trasladou xunto co seu marido dende a capital. Con un pai xuiz, e avó secretario xudicial, o camiño de Mercedes semellaba claro. Aínda que se decantou pola procura polo seu dinamismo, compaxina a súa labor nos xulgados coa súa carreira de escritora. A súa última novela ‘La extraña curación de Marta’ acaba de saír ao mercado hai uns días. Dende a súa dilatada experiencia, apunta a atribución de novas competencias ao colectivo de procuradores e á reforma do réxime de notificcións coma posibles solución para axilizar o sistema xudicial, xa que “unha Xustiza lenta non é Xustiza”, apunta.
Atribuir novas competencias ao colectivo de procuradores suporía non só unha maior cooperación coa Administración de Xustiza e o alivio da súa inxente carga de traballo, senón que también redundaría en beneficio dos xusticiables. “Os procuradores estamos o suficientemente preparados e motivados para enfrontarnos a novas compentencias que nos vaian encomendando. Coa nosa intervención, consiguiríamos unha maior celeridade, que é o que debería perseguir a Xustiza, porque a vella máxima de que unha Xustiza lenta non é Xustiza segue a ser vixente”, explica Mercedes.
A aspiración de facer que o peso das execucións recaia no colectivo de procuradores é case un desexo unánime. De Miguel apunta unha solución de tipo práctico para que esa colaboración dos procuradores en materia de execución sexa realmente efectiva, e é o acceso inmediato ao Ponto Neutro Xudicial. “Tan pronto coma se iniciase unha demanda de execución, o procurador da parte executante quedara de oficio e automáticamente habilitado para a súa consulta, o acceso automático á información patrimonial, sen necesidade de solicitar e obter previamente a autorización do Letrado da Administración de Xustiza. Para chegar a isto que apunto, obviamente tería que modificarse o programa informático coa fin de que a alta fose simultánea á incoación”, conta a procuradora.
Unha das cuestión que contribúen a ralentizar a tramitación dun procedemento é o réxime de notificacións, que na opinión de Mercedes é “demasiado formalista”. Outra solución ao atasco de xustiza, na súa opinión, sería mudar o protocolo neste senso, xa que resulta moi custoso para o demandante ter que custear os gastos dunha notificación formal de sentencia nos Diarios Oficiais da Provincia ou Comunidade Autónoma. “Se un cidadán cambia de domicilio debería estar obrigado a modifícalo nas administración públicas de inmediato. Se se dispón dunha base de datos con todos os domicilios actualizados continuamente, a simple remisión dunha segunda carta certificada ao domicilio que conste de forma pública debería ser suficiente a todos os efectos legais, comezando a computarse os prazos dende a data e sen necesidade de firmar o acuse. Polo tanto, o que non o faga, para burlar a acción da xustiza, ós seus acredores ou por calquesquera outros motivos, terá que ser consciente de que non lle vai servir para nada facerse o ilocalizable”, conta Mercedes.
Ainda así, para a procuradora o principal problema que sofre a procura hoxe en día é, ademáis dos enormes gastos que conleva o exercicio da profesión e a presión fiscal, o exercicio da Lei Ómnibus, que favoreceu a creación de despachos profesionais que ofertan prezos por debaixo do arancel, establecendo un certo monopolio no sector e desvirtuando a figura do procurador, caracterizado pola súa inmediatez e o seu gran coñecemento da práctica xudicial. “Probablemente para outros sectores resultase beneficioso, pero no noso caso entendo que foi un tremendo erro. Deberíamos volver a unha territorialidade sensata e razonable, por exemplo, provincial ou do ámbito do Colexio de Procuradores ao que se esté adscrito. Non ten razón de ser que un procurador con despacho en Vigo leve asuntos en Madrid, Barcelona ou Valladolid, nin á inversa. Cando xorde un problema, precísanse solución urxentes e esa actuación debe ser presencial”, apunta De Miguel.
Ademáis de coñecer á perfección os partidos xudiciais de O Porriño, Tui e Ponteareas, Mercedes conta cunha gran traxectoria como escritora e artista, que compaxina co seu traballo diario. Na década dos 80 chegou a compoñer o tema de La Honorable Sociedad sustituto de Patricia Kraus para Eurovisión 1987. Grabou tamén xunto a Proyecto Bronwyn, cuxo cantante era Fernando Márquez, “el Zurdo”, autor de cancións tan emblemáticas da movida viguesa como ‘Para ti’. Tras esta incursión no mundo da música, comenzou a escribir artigos para diversos medios mentres desenvolvía a súa carreira como novelista. A día de hoxe, Mercedes conta con 9 novelas publicadas, a última ‘La extraña curación de Marta’, saiu ao mercado hai unhas semanas. “Encataríame ter vivido da escritura, pero é moi difícil. As editoriais atópanse saturadas. Escribo ao chegar a casa pola tarde, resúltame doado. Sempre atopo inspiración en todo o que teño ao meu redor, aínda que non acostumo a facer novela negra, gústame máis o punto de humor nos meus libros, polo que a inspiración non sae únicamente dos xulgados”, conta esta polifacética procuradora, que se atopa nun periodo de descanso para coller impulso e continuar escribindo entre notificación e notificación.