16/12/2021. En decembro de 2020, comezamos como Colexio unha andaina cara ao centro da cultura galega. A descuberta do arquivo histórico de Celso Emilio Ferreiro como procurador en Vigo durante dezaseis anos abre a porta a unha nova perspectiva sobre a vida do autor de Longa Noite de Pedra e pon a nosa profesión na mira da análise literaria.

Durante os últimos doce meses, desenvolvemos diversas iniciativas para impulsar a visibilidade da faceta de Celso Emilio Ferreiro como procurador. Dende a presentación pública ante a sociedade da iniciativa, a difusión en medios de comunicación, entrevistas aos principais estudosos sobre a figura de Celso Emilio Ferreiro para coñecer as implicacións que a profesión de procurador tivo na súa obra, así como a difusión dunha serie de artigos para profundizar na vida e obra do procurador.

A celebración do 2021 como ano do Celso Emilio Ferreiro procurador, pecharase nos próximos meses coa entrega aos herdeiros do recoñecemento a Celso Emilio como procurador de honra de xeito póstumo.

“Celso Emilio expresa o que lle rodea, neste caso a procura” contábanos Luis Ferreiro Ledo, fillo do autor e director da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Así sigo ocorréndonos hoxe en día a cada un de nós. Os procuradores somos unha peza clave do proceso. O contacto coa administración e os nosos clientes danos unha visión privilexiada do que está a acontecer ao noso arredor. Sexamos conscientes dese privilexio. Celebremos a aqueles compañeiros e compañeiras, como Celso Emilio Ferreiro, que o converteron en arte.

Por un 2022 no que seguir situando á procura no centro.

José Antonio Fandiño,

Decano dos procuradores de Vigo

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?