Neste momento estás a ver A actividade xudicial en Vigo recupera os niveis pre-pandemia

A actividade xudicial en Vigo recupera os niveis pre-pandemia

  • Categoría da entrada:Novas

01.09.2022. A actividade nos xulgados de Vigo recupera entre xaneiro e xullo de 2022 os seus niveis pre-pandemia coa xestión de 344.572 asuntos, un 2% máis que no mesmo periodo de 2019. O primeiro día do curso xudicial 2022-23, os procuradores realizaron -ata as 15.00 horas- 3.454 notificacións aos seus clientes, un 40% máis que nun día normal. Entre xaneiro e xullo de 2022, os profesionais xestionaron diariamente 2.461 notificacións de media.

Os escritos elaborados polos profesionais durante a mañá do 1 de setembro sitúanse nos 508, un 11% máis que a media diaria do que vai de ano. A acumulación de asuntos chega tras a inhabilidade do mes de agosto, que queda reservado para asuntos urxentes.

Os xulgados de Vigo xeraron e recibiron no seu día de volta á actividade un 2% menos de notificacións que o 1 de setembro do ano anterior.

 

Volta á normalidad tras ano récord

A Xusticia parece volver á normalidade tras a irregularidade xerada polo contexto Covid. En 2021, os procuradores de Vigo xestionaron a cifra récord de 557.764 notificacións, un 17% por riba do último exercicio prepandemia (2019) e un 27% máis con respecto ao 2020. O número de escritos elaborados polos procuradores vigueses para os seus clientes tamén foi o máis elevado da historia, con 109.728 escritos xestionados cos xulgados, un 22% máis que en 2019 e un 27% por riba de 2020.

“Tras dous anos marcados pola pandemia, recuperamos o noso ritmo habitual. Primeiro vímonos obrigados a parar a pesar de ser esenciais, despois aceleramos para recuperar o tempo perdido e poder sacar os casos adiante. Agora que parece que volvemos á normalidade, aproveitamos para cambiar a Xustiza e modernizala” aposta José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.

Os procuradores vigueses desenvolven dende hai catro ano un plan de traballo ante as autoridades para conseguir máis competencias a través da creación da figura do procurador executivo. O novo rol permitiría resolver unha gran parte do atasco e dos retrasos xudiciais. Centrado en conseguir competencias no ámbito da execución, o plan segue o modelo doutros países europeos e dirixirase principalmente ao Consello Xeral dos Procuradores de España (CGPE) e ao Ministerio de Xustiza, incidindo en encontros con políticos e outros colectivos que os apoien. O Colexio porá tamén en marcha a formación necesaria para poder acreditar a especialización nas novas funcións.