Neste momento estás a ver El Colegio de Procuradores facilitará sustitutos en caso de baja por enfermedad de los colegiados

El Colegio de Procuradores facilitará sustitutos en caso de baja por enfermedad de los colegiados

  • Categoría da entrada:Novas

30 novembro 2018. O Colexio de Procuradores de Vigo porá en marcha en 2019 un sistema de sustitucións para cubrir as baixas prolongadas por enfermidade ou maternidade dos seus colexiados. Os profesionais do colectivo, que prestan os seus servizos de forma ininterrumpida en función da actividade dos xulgados, contarán con sustitutos a cargo do colexio cando non poidan desenvolver as súas funcións e non deleguen as súas funcións noutro profesional. Así o anunciou José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores, durante a Xunta Xeral de Procuradores celebrada hoxe en Vigo. O colectivo estudia ademais a posibilidade de que os profesionais realicen os actos de comunicación a través do Colexio.

Durante o seu informe da actividade da entidade ao longo do 2018, Fandiño destacou o impulso realizado para visibilizar o papel dos procuradores na Xustiza ante a sociedade coa elaboración do informe “A xustiza en Vigo” que analiza os xulgados en Vigo e propor melloras no seu funcionamento. Entre as propostas do colectivo para axilizar a xustiza está a de impulsar a figura do procurador como axente executor que poida realizar accións como requerimentos, embargos, mandamentos, retencións de salarios, nomeamentos de peritos, así como liquidacións de cargas e subastas.

A formación dos profesionais é outro dos piares para o avance e revitalización do colectivo, que participará os días 13 e 14 de decembro nas 7º Xornadas de Dereito Procesal Civil en colaboración co Colexio de Abogados.