14.06.2019. O límite ás substitucións entre os procuradores está no contrato de mandato e a confianza que implica entre procurador e cliente. Así o indica a graduada en Dereito e doutorada no Programa de Doutorado de Dereito y Ciencias Sociais da UNED, Marina Martín González no seu artigo publicado en Legal today.
Según a especialista:
No ordenamento xurídico non existen restriccións expresas á sustitución entre procuradores no exercicio profesional. Os límites determinaranse pola vinculación existente a través do contrato de mandato entre o procurador e o seu cliente. Este contrato basease na confianza mutua. A función do procurador é a de vincular e servir de enlace entre cliente, letrado e o órgano xudicial. Neste contexto carecería de lóxica que a representación procesal se deixara en máns dun procurador non apoderado e descoñecido polo cliente.
Para que se leve a cabo unha sustitución entre procuradores, debe existir unha necesidade e circunstancia. Non debe tratarse, por exemplo, dunha imposibilidade existente dende o momento de aceptación do asunto de realizar toda actuación e comparecencia persoal, por existir excesiva distancia entre o despacho e o órgano xudicial.
Nos casos de sustitución continuada no tempo e extendida, por norma, a todas as comparecencias e actuacións persoais, o procurador apoderado non cumpre coas obrigacións e deberes que derivan da súa condición de representante procesal e cooperador da administración de Xustiza.