26.01.2021. Celso Emilio Ferreiro foi o colexiado número 18 dos procuradores vigueses, uha faceta do poeta que moita xente descoñece. Ferreiro, que formou parte da xunta de goberno como vogal e participou de xeito activo na redacción dos primeiros estatutos do Colexio, utilizou a súa profesión para coñecer de preto os pleitos e as desigualdades da sociedade na que vivía para despois plasmala na súa obra. Así o indica o seu fillo e director da fundación Celso Emilio Ferreiro, Luis Ferreiro Loredo “Un poeta expresa a través dos seus poemas o que lle rodea, neste caso, a procura. O seu día a día era a súa ferramenta” desvela Ferreiro Loredo.

 

PREGUNTA. Que supón para vós o achado deste medio centenar de documentos inéditos referentes á faceta de Celso Emilio como procurador no colexio de Vigo?

RESPOSTA. Foi unha grande alegría, no sentido de que este achado engade á figura de Celso Emilio unha nova vertente: a profesional. Na súa vida, ademáis da súa faceta cultural, de sobra coñecida por todos, a súa profesión é moi distinta e igualmente importante.

P. Como inflúe esta faciana profesional na súa obra?

R. Debido ao seu traballo, que consitía en levar pleitos de persoas cun nivel económico baixo maioritariamente, Celso Emilio constatou que existía unha situación económica moi desigual. Nos anos que exerceu a procura, viviu moitas situacións que o levarían a reflexionar sobre esta desigualdade de clase. Unha cousa é saber que existe e outra é vivilo na túa propia pel. O seu traballo era unha clase práctica, non teórica, sobre todo isto. Un poeta expresa a través dos seus poemas o que lle rodea, neste caso, a procura. O seu día a día era a súa ferramenta.

 

P. Que importancia ten que agora se reinvindique a figura de Celso Emilio Ferreiro, procurador?

R. Tanto no caso de Celso Emilio, como no doutros escritores, ao ser coñecidos pola súa obra literaria, a xente non se preguntan que traballo tiñan ademais de escribir. Este arquivo demostra uns feitos: o traballo diario que todos desenvolvemos en gran parte da nosa vida. Durante os anos 50, escribir non daba para vivir e menos no caso da poesía poesía e aínda menos en galego.

 

P. Gardas alguna lembranza do teu pai traballando coma procurador?

R. Moitas. Recordo o seu despacho da rúa Gil, sempre ateigado e el ocupado con algún cliente. Recibía moitas visitas e tamén as facía el aos xulgados, unha tarefa que levaba moito tempo, xa que a xente ía presentarlle os seus problemas e tiñan que explicarlle a fondo os seus pleitos.

Era un home moi preocupado pola parte literaria e sobradamente coñecido en Vigo e en toda Galicia. Nos anos 60, o carteiro de Urzáiz trouxo a casa unha carta que no destinatario soamente indicaba ‘Celso Emilio Ferreiro. Poeta. Vigo’, pero o carteiro non tivo problema algún en atopar a nosa casa.

Recordo que sempre o convocaban para dar conferencias en multitude de lugares. As súas edicións desaparecían nas librerías, un feito moi extraño para ser libros en galego, pero era un escritor de impacto na súa época. A iso adicaba todo o seu tempo cando non estaba traballando: a promover a cultura a galega e, por suposto, a escribir.

 

P. Que tipo de clientes tiña? Como os lembras?

R. Sobre todo pequenos negocios: tendas de telas de Vigo, pequenos negocios locais e persoas traballadoras. Fundamentalmente traballaba con varios abogados de Vigo moi coñecidos, que son os que en última instancia, lle proporcionaban os pleitos.

 

P. Como valoras o traballo de divulgación que está a levar a cabo o Colexio de Procuradores de Vigo a través da iniciativa Celso Emilio Ferreiro, procurador?

R. Paréceme moi ben dar a coñecer unha faciana distinta. Unha persoa pode ter un traballo e outras inquietudes, a pesar de ser coñecida por unha ou por outra. A súa faceta de procurador non era coñecida, así que supoño que quen a descubra agora levará unha sorpresa.

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?