19 xullo 2018.O 73% dos procuradores e procuradoras de Vigo e a súa área reclama maior protagonismo na xestión xudicial para axilizar os seus tempos. Nunha enquisa realizada polo Colexio de Procuradores entre os seus colexiados, 2 de cada 3 profesionais considera que os procuradores deberían adquirir máis competencias de execución para axilizar os procesos xudiciais.
Nese escenario cambiante que vive a profesión coa entrada da xestión dixital de notificacións e a pérdida de territorialidade, só o 38% dos profesionais ve o futuro da procura mellor ou igual que hoxe.