Neste momento estás a ver O PP estuda o plan para crear o procurador executor

O PP estuda o plan para crear o procurador executor

  • Categoría da entrada:Novas

08.07.2019. O Partido Popular estudará a proposta do Colexio de Procuradores de Vigo para crear a figura do procurador executor, como medida para axilizar as execucións xudiciais e resolver o atasco de casos especialmente grave nos xulgados de Vigo. A deputada Ana Pastor e la senadora Elena Muñoz reuníronse hoxe co decano do Colexio de Procuradores de Vigo, José Antonio Fandiño, e a vicedecana, Gisela Álvarez Vázquez nos xulgados de Vigo.

“Analizaremos a proposta, aínda que nonpodemos tramitala aínda porque seguimos pendentes da constitución das comisións do Congreso, entre elas a de Xustiza”, indicou Ana Pastor.

“ Non plantexamos agora un gran cambio, pero sí unha modificación lexislativa que nos permita aumentar as competencias dos procuradores españois e aproveitar a forza do noso colectivo para reducir os tempos da administración de Xustiza”, explicou Gisela Álvarez, vicedecana dos procuradores de Vigo.