Neste momento estás a ver “Gustaríame contar cunha rede de procuradores para impulsar a conciliación”

“Gustaríame contar cunha rede de procuradores para impulsar a conciliación”

  • Categoría da entrada:Novas

2.10.2020. Ana Pérez Carrera exerce a procura dende hai 10 anos nos xulgados de Porriño, Tui, Ponteareas, Vigo e na audiencia en Pontevedra. Traballa dende  a súa casa de Cela, Mos, onde compaxina as súas horas de despacho co cuidado dos seus dous fillos  de 7 e 2 anos. Dende o establecemento do estado de alarma o pasado mes de marzo, e agora coa nova normalidade, a conciliación familiar e laboral volveuse máis complexa. “Gustaríame unha rede de procuradores no Colexio para impulsar a conciliación”, explica Ana.

P. Dende cándo exerces a procura?

R. Dende finais de 2009. Estudiei dereito, pero enfrontarme aos clientes non era o meu. Optei por ser procuradora porque é unha profesión na que tes máis contacto cos profesionais. Prefiro estar na parte de atrás, para min é máis lavadeira e ademáis, permite compaxinar moito mello a vida familiar coa profesional. Aínda que é unha profesión que require moita concentración, memoria… temos moita responsabilidade. Independentemente da conciliación.

P. A procura é unha profesión que permite unha conciliación real?

R. Só no senso de que non tes que recibir a clientes ou ter un despacho aberto ao público. Posibilita que poidas traballar dende casa e adaptar o teu horario de traballo ás túas necesidades, no meu caso, agora mesmo coidar dos meus pequenos. Pola tarde, podo ir buscalos ao colexio e ás actividades. Noutro traballo sería imposible.

P. Dende a irrupción da Covid-19 atopácheste con máis dificultades para compaxinar este coidado co teu traballo diario.

R. Sí. As miñas cuñadas traballaban durante o estado de alarma e os meus sogros son persoas de risco. Non podes levar aos nenos porque non sabes se poden contaxialos ou non. Este verán foi moi complicado. Estás traballando e demandan a túa atención. É difícil cando non tes apoio en casa de familiares ou profesionais.

P. Cómo vos organizades en casa para poder manter o voso ritmo laboral?

R. Polas mañás erguíame cedo, preparaba o almorzó e voltaba ao despacho que teño habilitado no ático cunha zona de xogos, así os vexo mentres traballo. Despois de comer, mentres dormen, aproveito para traballar de novo. Cando chega meu home, encárgase da cea e é o momento do día no que aproveito para traballar con concentración plena. Trátase de adptarse e mover o teu planning continuamente. Agora que comezaron as clases, é un alivio porque podo traballar toda a mañá, pero no verán foi moi duro.

P. Viches resentida a túa actividade este verán por estas circunstancias?

R. Por sorte non. Os sinalamentos comezaron a partires de xuño e eu teño que agradecerlles aos meus compañeitos que sempre estiveran cando tiven que chamalos para botarme unha man cos xuízos, recoller notificacións no Colexio ou calquera outra xestión que precisara.

P. Esta situación provocou que realizaras unha proposta no Colexio, cal foi?

R. Fixen unha proposta para intentar crear algún sistema de apoio entre profesionais que impulse a conciliación. Gustaríame e precisamos crear unha rede de axuda que sinalara a persoas que teñen problemas de conciliación para contar co apoio de profesionais que me permitan facer o meu traballo. Axuda remunerada, en calqueira caso. Esta proposta chamou a taención no colexio, pero de momento son a única que se atopa nesta situación.

P. Cres que se podería implantar nun futuro?

R. Sí, son medidas sinxelas: contar cun censo de procuradoras nais para asignar a compañeiros que as substitúan, ou falar co coordinador dos xulgados para que a exima de estar presente no xuízo, onde non temos tanta necesidade de presentismo. Máxime agora mesmo coa situación na que nos puxo o coronavirus. Se estás enfermo, ou te aíslan porque hai un positivo na aula dos teus fillos… simplemente buscar que nestas situación exista un compañeiro que te substitúa presencialmente.

P. Como valoras a habilidade de agosto?

R. Tivemos notificacións, pero non creo que fora positivo. Se a metade dos funcionarios están de vacacións non ten utilidade. Entraban entre 4 e 7 notificacións á semana cando o normal son 10 ou máis nun día e os procedementos seguían sen moverse. Na miña opinión, é máis útil que todos vaiamos de vacacións (avogados, procuradores, funcionarios, o xuíz…), excepto os xulgados de garda, por suposto, e voltar á vez. Penso que axudaría a deconxestionar a Xustiza.