13 de abril 2020. Os procuradores de Vigo apostan pola reactivación inmediata da Xustiza pola vía telemática para a xestión dos casos pendentes e la creación dun novo operador jurídico, o procurador executivo, como antídotos para ampliar a capacidade de xestión e axilidade da Xustiza tras a crise do coronavirus.

O Colegio de Procuradores de Vigo lanza o Manifesto pola axilidade da Xustiza, un panel de propostas de cambio para aumentar a eficiencia na xestión de asuntos ante o colapso estrutural que sofren os xulgados e que se verá acrecentado tras a paralización do seu funcionamento durante o estado de alarma. Ata finais de 2019, os xulgados españois acumulaban máis de 2 millóns de asuntos sen resolver, 20.083 deles en Vigo, según datos do Consello Xeral do Poder Xudicial. O manifiesto pode consultarse aquí.

Entre as propostas impulsadas polos procuradores de Vigo está a utilización de Lexnet como unha ferramenta de teletraballo por parte de todos os profesionais da Xustiza para poñer ao día os asuntos pendentes nos xulgados, así como a supresión de tempos mortos co inicio de todos os prazos no momento que os procuradores das partes implicadas nun litixio se trasladan a información.

“A Xustiza é un servizo básico que, ao igual que a medicina ou a educación, debe manter a súa actividade incluso nos momentos máis difíciles. É responsabilidade de todos os operadores xurídicos propor e apoiar os cambios necesarios para acabar co colapso endémico que sofren os xulgados e que garanta unha Xusticia áxil ao servizp de todos os cidadáns” explica José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.

 

Procurador executivo                                                               

Entre 2014 e 2019, os asuntos sen resolver nos xulgados españois creceron un 9,7%, á vez que descendía un 28,2% a entrada de novos casos según o informe A Xustiza en Vigo do Colexio de Procuradores de Vigo.

Para dotar de axilidade a Xustiza, os profesionais propoñen a creación da figura do procurador executivo. O procurador executivo incorporaría ás actuais funcións dos profesionais da procura, a execución de embargos e dilixencias, así como o acceso ao punto neutro xudicial para a averiguación de bens ou a entrega de todas as notificacións baixo control xudicial. A medida aportaría, sen costes públicos adicionais, ás tramitacións xudiciais a un total de 10.148 profesionais da procura en España, dos que 739 están colexiados en Galicia.

O procurador executivo segue o exemplo dos solicitadores, figura creada en 2003 en Portugal para resolver o atasco de execucións pendentes. A nova figura permitiu reducir á metade o tempo de resolución dos xulgados civís e mercantís lusos entre 2010 e 2016.

Entre as propostas inclúese tamén o desenvolvemento de todos os actos de comunicación de forma obrigatoria por parte dos procuradores, ou a desaparición dos órganos uniprovinciais especializados en clausulas chan.

 

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

©2021 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Log in with your credentials

Forgot your details?