Neste momento estás a ver “Nos partidos xudiciais pequenos a acción é máis rápida”
VIGO, 111219. MARIA CRENDE, PROCURADORA

“Nos partidos xudiciais pequenos a acción é máis rápida”

  • Categoría da entrada:Novas

 

18.12.2019. María Crende Rivas, delegada do Colegio de Procuradores de Vigo en Tui, trasladouse a esta localidade de 15.000 habitantes despois de 33 anos vivindo na cidade olívica. Tras anos traballando en condicións pouco confortables, celebra os cambios que traerán as novas instalacións dos xulgados tudenses, que esperan iniciar a actividade en febreiro de 2020. “A carga de traballo é a mesma, pero prefiero traballar nun partido xudicial máis pequeno porque a acción é moito máis rápida e hai máis cercanía. É cerro que en Vigo existe máis anonimato e en Tui hai menos intimidade, todo o mundo te coñece para ben ou para mal, pero aínda así o prefiro”, explica a procuradora.

 

Tres xulgados unificados no mesmo edificio farán o traballo máis cómodo a procuradores e avogados de Tui. María destaca as dificultades coas que se atopaban ata agora. “No día a día temos dous problemas fundamentais: a ubicación, con dous xulgados no mesmo edificio e o terceiro noutro emplazamento, que nos fai correr dun lado para outro se cadran dúas vistas moi seguidas e o mal estado das instalacións, das que chegaron incluso a caer anacos de teito. Ademáis, o xulgado número 3 está a pe de rúa, e o ruido os días de feria é insoportable. Facer o teu traballo así é complicado” conta Crende.

 

Parte das melloras das novas instalacións pasan por situar contiguamente as oficinas dos avogados, ata agora inexistentes, e dos procuradores. Fálase dunha sede de xustiza sen papel, co que María amósase escéptica “En canto á dixitalización, haberá que agardar para comprobalo. O papel seguirá existindo. En Tui as causas síguense entregando en papel, non como en Vigo que dan a copia en pendrive. A causa pode ser a falta de tempo ou a falta de medios, pero creo que o papel non vai desaparecer en breve”, apunta María.

 

Á hora de falar sobre ventaxes, a procuradora tenas claras. A xestión dixital do despacho posibilita ter todo na nube, o que da un maior acceso para traballar dende calquera lugar, aínda que existen desventaxes. “Agora mesmo estás todo o día dispoñible. Atópaste traballando as 24 horas. Desconectar dos asuntos é moito máis difícil”, valora Crende.

 

Para a procuradora, o rol do procurador podería ser moito máis activo no procedemento en canto a  embargos e subastas. “Darnos un papel máis importante traduciríase nunha Xustiza moito máis áxil.  Non son da opinión dos que din que non temos nada que facer. Se puidésemos ter as mesmas funcións que os axentes de execuçao portugueses sería un avance para nós, aínda que hai compañeiros moi críticos con este tema”, indica a delegada do colexio de procuradores de Vigo en Tui.

 

A posta en funcionamento da web do Colexio de Procuradores, con acceso constante a toda a información e trámites é un dos puntos fortes para María Crende do 2019. “Tes dispoñibles datos, contactos de compañeiros, podes informar do turno de oficio directamente, podes xustificar e tramitar a través da web, xa non fai falla chamar á  oficina. Ós profesionais que estamos en partidos xudiciais máis pequenos e pertencemos  a Vigo, cústanos moito desprazarnos para ese tipo de xestións. A web é unha forma efectiva de fomentar este contacto necesario”, resalta a procuradora.

 

Dúas realidades moi diferentes para unha profesional que viviu as dúas formas de traballar. De Tui destaca a axilidade á hora de realizar cualquera trámite, incluso á hora de organizar comidas habitualmente con autoridades para intercambiar puntos de vista. “A carga de traballo é a mesma, pero prefiro traballar nun partido xudicial máis pequeno porque a acción é moito máis rápida. É certo que en Vigo es máis anónima e aquí hai menos intimidade,  todo o mundo coñécete para ben ou para mal, pero aínda así o prefiro”, sentencia Crende.