25/01/2022. O Colexio de Procuradores de Vigo conta dende este mes cun servizo propio de execución de autos e edictos. A iniciativa busca que os profesionais da procura poidan descargar este tipo de trámites no propio Colexio, que os desenvolve de forma independente e en Rexistros de toda España.

Os mandamentos son xestionados de forma integral polo Colexio de Procuradores de Vigo, incluíndo o seu envío listo para trasladar a través de Lexnet e a remisión do documento orixinal ao xulgado correspondente.

O horario do servizo é de 8:00 h a 15:00 h.   Os servizos poden ser contratados por calquera profesional da procura, independentemente do seu lugar de rexistro. Só é necesario enviar o mandamento ou edicto a info@portalprocesal.com para que sexa presupostado e xestionado. As taxas están por debaixo das aprobadas e pódense consultar en detalle aquí: https://colegioprocuradoresvigo.es/procuradores/

A posta en marcha do novo servizo enmárcase no plan do Colexio de reforzar o apoio aos seus colexiados e traballar por unha Xustiza máis áxil para todos.

©2022 Ilustre Colegio Procuradores Vigo. Todos los derechos reservados. | Aviso legal | Política de Cookies | Privacidad

Contáctanos

¿Tienes alguna duda o pregunta? Escríbenos y nos pondremos en contacto lo antes posible



    Este sitio está protegido por reCAPTCHA y se aplican la política de privacidad y términos del servicio de Google.

    Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

    ¿Olvidó sus datos?