Neste momento estás a ver O Colexio de Procuradores de Vigo inicia a desescalada cun novo protocolo

O Colexio de Procuradores de Vigo inicia a desescalada cun novo protocolo

  • Categoría da entrada:Novas

13 de maio 2020. Ante a entrada de Galicia na fase 1 da desescalada a partir desta semana, a xunta de goberno do Colexio de Procuradores de Vigo elaborou unha guía de boas prácticas para establecer medidas de seguridade e protocolos que permitan a recuperación da actividade colexial asegurando a protección de profesionais e de traballadores ante a Covid-19. As principais medidas están destinadas a establecer protocolos de hixiene, control de accesos e formación para o correcto uso dos equipos de protección persoal según as recomendacións do Ministerio de Sanidade e o Ministerio de Xustiza en materia de seguridade laboral.

En canto a organización laboral, as principais medidas van destinarse ao fomento do teletraballo para evitar desprazamentos innecesarios á sede colexial, delegacións e salas de notificacións e mediante a limitación a un máximo de 4 persoas na sede colexial central e unha persoa no resto das sedes. Será obrigatorio o uso de mascarilla ou pantalla no interior do colexio e se promoverá o uso de guantes, estando ambos materiais a disposición de todo aquel que os solicite diariamente. Desinfectaránse as dependencias del Colexio ao finalizar cada xornada, así como elementos de uso común como impresoras e ordenadores.

Este protocolo contempla tamén actuacións específicas para casos positivos pola Covid-19 ou do illamento, reforzando ao máximo as medidas de hixiene e colaborando co profesional para que a súa actividade se vexa o menos afectada posible. Si eres procurador, podes consultar o protocolo na área privada.

Dende o inicio do estado de alarma, rexistráronse 11.328 notificacións, un 87% menos que o mesmo periodo do ano anterior, no que se rexistraron 84.619. Os escritos, tamén caeron un 80% respecto ao mesmo periodo de 2019, pasando de 15.982 a 3.282 contabilizados ata o lunes 11 ás 15.00 horas.

O Colexio permanecerá aberto,  no seu horario habitual, de 8.00 a 15.00horas. Para evitar desprazamentos, recoméndase utilizar porse en contacto a través do correo electrónico colegiooficial@colegioprocuradoresvigo.com ou vía telefónica no número 986 207 111.