Neste momento estás a ver Vigo encabeza as cidades españolas en novos pleitos rexistrados en 2019

Vigo encabeza as cidades españolas en novos pleitos rexistrados en 2019

  • Categoría da entrada:Novas

02.07.2019. Os xulgados de Vigo sitúanse á cabeza das cidades españolas de entre 100.000 e 500.000 habitantes en número de casos ingresados nos xulgados. No primeiro trimestre de 2019, os xulgados de Vigo ingresaron 14.346 novos pleitos, a cifra máis elevada entre as 10 cidades españolas de tamaño semellante. A maior cidade de Galicia sitúase incluso por riba de cidades con maior poboación como Alicante, Bilbao ou Córdoba e rexistra case 4.000 pleitos máis que A Coruña en só tres meses.

A taxa de resolución de Vigo neste periodo é de 0,98, é dicir, que continúa resolvendo menos casos dos que entran. A taxa de resolución 1 indica que se resolven o mesmo número de casos que ingresan. Vigo necesitaría unha taxa de resolución superior a 1 durante varios anos para que a acumulación de casos deixara de medran e puideran desatascarse os xulgados.  A 31 de marzo de 2019, os xulgados vigueses acumulan 20.003 asuntos sen resolver, situándose so por detrás de Alicante e Bilbao no top 10 de cidades de tamaño semellante. Os asuntos sen resolver na cidade de Vigo aumentaron un 60% en 5 anos.