Neste momento estás a ver “Os procuradores debemos recibir os poderes do cliente no despacho, sen acudir ao xuiz”

“Os procuradores debemos recibir os poderes do cliente no despacho, sen acudir ao xuiz”

  • Categoría da entrada:Novas

07.11.2019. Javier Varela é procurador dende hai 26 anos. Afincado en Tui pero con despacho no Porriño, está permanentemente en activo ao igual que o centenar de profesionais da procura que exercen en Vigo e a súa área. Para Varela, a axilización da Xustiza pasa por dotar aos procuradores de funcións de execución e de acabar coa actual notificación de poderes en apud acta, na que o apoderamento dos procuradores por parte dos seus clientes se realice ante o secretario xudicial. “Os procuradores debemos recibir os poderes no noso despacho, sin acudir ao xuiz. Así acabaríamos con dilacións indebidas e se fose necesario ratificalo, faríase o mesmo día do acto do xuizo”, explica Javier Varela.

 

Boa parte do seu traballo está fóra de Vigo, son todos os xulgados iguais?

Nin todos os xulgados nin todos os xuíces son iguais. Polo xeral están mal dotados. A administración de Xustiza debe ser reformada, pero é moi difícil porque non hai vontade política.

 

Como se xestiona o traballo en varios partidos xudiciais á vez?

No despacho somos tres personas e cubrimos unha área sobre a que intentamos non extralimitarnos para traballar de forma eficaz, eficiente e dignificar a profesión.

Buscamos conseguir o obxectivo o antes posible e facelo dentro duns límites establecidos, cun coste asumible para o profesional e sen transgredir as normas colexiais. Debemos ser o máis rentables posibles sen perder terreo. Para perder terreo, está un mensaxeiro. Non podemos limitarnos a ser presentadores de documentos, hai que ir máis alá.

Os procuradores estamos mal pagados. É necesario que non nos tomen o pelo, que non haxa pretensións que se vaian fóra da lei. A procura hai que pagala ben, como ocorre noutros países como Portugal, onde temos un bo exemplo cos solicitadores.

 

Non perder terreo é asumir novas funcións?

Adoptar novas funcións non é necesario, é obrigatorio. Debemos seguir experiencias internacionais como a dos solicitadores e ter funcións de execución, pero tamén o acceso a bases de datos como o punto neutro xudicial, rexistro da propiedade, rexistro mercantil, de tráfico…

 

Solucionaría iso o atasco da Xustiza?

Para axilizar a Xustiza pode facer iso e moitas outras cousas máis. Os procuradores debemos recibir os poderes no noso despacho, sen acudir ao xuiz. Así acabaríamos con dilacións indebidas e se é necesario ratificalo, faise o mesmo día do acto xudicial. O poder sería exclusivo para ese acto xudicial e con iso axudaríamos a que os xulgados deixen de estar colapsados.

 

Como valora el papel del colegio para mejorar el funcionamiento de los juzgados?

Dende o colexio estanse facendo cousas importantes para dignificar a profesión dunha figura ata agora denostada. Animo a que sexamos máis reivindicativos. Non se pode vivir na rebaixa. É  preciso que se axuste o arancel á realidade social e ao tempo no que vivimos. Chámese arancel, taboa ou baremo. O procurador non pode ser un leva e trae, tene que ser algo máis, un profesional.