19.11.2020. Os procuradores de Vigo lanzan un decálogo de boas prácticas para complementar a formación dos profesionais da procura que acompañan e asesoran a mulleres vítimas de violencia machista. A iniciativa nace tras a formación en 2019 do 33% de procuradores colexiados en Vigo en casos de violencia contra as mulleres. No primeiro semestre de 2020, rexistráronse en Galicia 3.343 denuncias por violencia contra as mulleres, das cales 208 vítimas acolléronse ao seu dereito a non declarar.
A guía elaborada polo Colexio de Procuradores de Vigo busca complementar a formación dos profesionais para asistir ás vítimas durante o proceso xudicial e garantir que declaran se desexan facelo. Os procuradores vigueses forman parte dende 2018 do protocolo da Oficina da Vítima en Vigo, que permite contar cun procurador dende o primeiro momento sen custe para a denunciante. A presenza dun procurador reduce as comparecencias das vítimas ante os tribunais ás estritamente necesarias e permite axilizar os trámites previos.
“Queremos colaborar a que todas aquelas persoas que queran declarar poidan facelo de xeito seguro e con información transparente e fiable sobre cada paso do proceso” explica José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.
Entre xaneiro e xuño de 2020, presentáronse en Vigo 421 denuncias de violencia contra as mulleres ata xuño e en 20 delas as vítimas acolléronse ao seu dereito a non declarar. Na maioría dos casos, según os expertos, as vítimas renuncian a declarar por medo ao seu agresor, e incluso polo temor de non ser cridas.
Formación, claridade e contención
O traslado de información clara respecto ao proceso xudicial e as medidas de protección que pueden solicitarse; así como o apoio para recoñecer a localización e ubicación de cada espazo e os trámites que se desenvolverán en cada un deles son dous dos aspectos fundamentais no acompañamento das vítimas según a guía de boas prácticas do Colexio de Procuradores de Vigo. “O noso traballo é reducir no posible a súa presenza nos xulgados e garantir que, cando deban acudir, o fagan coñecendo a situación con seguridade, apoio y evitando a vitimización secundaria”, conta o decano dos procuradores vigueses.
Para exercer a procura nos turnos especiais de violencia de xénero establecidos o pasado ano pola Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia esixese a capacitación de especialista, como a impartida entre os procuradores vigueses o pasado ano. A formación dos procuradores e a aposta pola axilización da Xustiza son dous dos pilares que asentan a actividade do colectivo vigués.
Puede consultarse o decálogo completo aquí